venres, 18 de novembro de 2016
Xornada de GALIX e Ciranda
Literatura infantil galega e portuguesa desfacendo a raia da fronteira, nadando nun río que nos une cheo de palabras e debuxos, de libros e máis palabras.
A Asociación Galega do Libro Infantil (GALIX) e a libraría Ciranda xúntanse para apoiar o coñecemento dun lado ao outro da raia, porque as linguas únennos, porque nos entendemos -queiran que non queiran- e queremos dicilo.
xoves, 17 de novembro de 2016
Premio Pura e Dora Vázquez

Bicha de Eli Ríos, con ilustracións de Patricia Román. Acadou o XII Premio de Literatura Infantil e
Xuvenil Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense.
Cóntase a
historia de Nina,unha rapaza duns once anos á que lle acaba de aparecer un
rabo, daquela fala por telepatía cun compañeiro que está nas mesmas condicións (en plena transformación) e que lle dá un antídoto para que poida eliminar eses cambios que a
achegan a unha mona; engádelle outra dose pois vai atopar
a outro ao que lle pase o mesmo. E si, resulta ser o seu compañeiro de mesa que parece ser que se
achega a un furón.
Reúnense os catro: dous un pouco maiores (bufo e tarántula) e estes compañeiros de pupitre.
Grazas á beberaxe poderán converterse nos animais ou en humanos cando queren. E todo isto, para poder realizar unha
misión especial: evitar que uns construtores malvados coloquen unhas tremendas
cargas no mar para provocar un gran maremoto que destrúa todo o pais.
Unha historia que nos soa, uns rapaces que se converten -neste caso- en animais en lugar de superheroes e salvan o mundo. Coa falta que nos fai!!!!!
Atención ás ilustracións, gustarannos aínda que non sexan tan vangardistas. Veredes!
mércores, 16 de novembro de 2016
PACTOS POLA EDUCACIÓN?
O portavoz do Grupo Socialista na Asamblea de Madrid, Angel
Gabilondo, solicitou á presidenta da Comunidad de Madrid,
Cristina Cifuentes, un procedemento "aberto á participación non
só parlamentaria" e "pactado con todos os grupos da Asamblea" para conseguir o acordo pola transformación educativa.
Así mesmo,
na súa intervención no Pleno, Gabilondo manifestou a vontade dos socialistas "de participar cun acordo ambicioso e de alcance", pero advertiu á presidenta que "se buscan unha ratificación do
modelo" non avanzarán.
Podemos estar máis perto?
Podemos estar máis perto?
martes, 15 de novembro de 2016
Por facer boca... Pactos pola educación
Recollido da prensa:
L'HOSPITALET DE LLOBREGAT (BARCELONA), 4 (EUROPA PRESS)
Máis dun cento de grupos políticos, centros educativos,
asociacións de pais e nais de alumnado, sindicatos, entidades
veciñais e sociais asinaron o Pacto Local pola Educación de
L'Hospitalet de Llobregat, un documento que recolle 155 propostas de
actuación para afrontar os retos que ten o municipio no ámbito da educación.
O texto contou co apoio de 50 centros educativos, que suman
cerca de 20.000 alumnos, unha corentena de entidades do mundo da
educación, como a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos/as de
Catalunya (Fapac), os sindicatos CC.OO. e UGT, o goberno municipal e os grupos políticos do PSC, ERC e Convergència-PDECAT.
Segundo informou o consistorio, o pacto recolle que a educación
pública é "un servizo esencial da comunidade, destinado a facer que a educación sexa accesible para todos, sen distinción de ningunha clase,
en condicións de igualdade de oportunidades".
A alcaldesa de L'Hospitalet, Núria Marín, que fixo do Pacto Local
pola Educación un dos seus compromisos de investidura, afirmou que
"todos os que deron apoio a este documento comparten o
convencemento de que a educación é a mellor garantía para conquerir
unha sociedade cohesionada e con igualdade de oportunidades".
luns, 14 de novembro de 2016
Libros no metro de Londres, de parte de Hermione.
Emma Watson, a actriz que se fixo famosa no papel de Hermione na saga de Harry Potter, resultou ser unha activista da lectura e o feminismo.
Dise na prensa que co fin de sorprender aos seus seguidores, utilizou a súa conta de Instagram para anunciar que agachou en distintos lugares da rede do metro de Londres, exemplares do libro Mom& Me& Mom, o sétimo e último volume da serie de autobiografías de Maya Angelous. Este libro foi recomendado por Our Shared Shlef, o club de lectura feminista promovido pola actriz.
Emma Watson pídelle aos que atopen o libro que o coiden e, unha vez lido, volvan a deixalo no metro para que outra persoa poida lelo, de novo.
Semella certo que non se pasa inmunemente por un libro.
De calquera maneira, o metro é un bo lugar para que calquera practique o bookcrossing.
venres, 11 de novembro de 2016
The White Ravens, 2015 e 2016
No ano 2015 o premio Compostela de álbum ilustrado Ícaro, de Federico Delicado e publicado por Kalandraka, entrou nesa prestixiosa listaxe seleccionada pola Internationale Jugendbibliothek de Munich.
No ano 2016 faino, o libro de coñecemento, Teño un pés perfectos de María Solar, foi esollido entre 200 obras de 60 países para formar parte desta prestixiosa escolma dos mellores libros infantís e xuvenís. Con este recoñecemento, o galego é unha das 42 linguas representadas en The White Ravens 2016, cuxo comité de selección destacou que María Solar aborda nesta obra un aspecto tan “novidoso e inusual” como os pés, dando como resultado un libro “informativo e entretido”.
xoves, 10 de novembro de 2016
Premio Meiga Moura
Na súa 7ª edición, o premio Meiga Moura de literatura infantil e xuvenil 2016, recaeu en Héctor Cajaraville.
Este premio de baía edicións, dotado con 2.500 € e publicado pola editora convocante, premiou a obra presentada baixo o lema "Briolanxa" que leva o título de Denébola a RoxaDe e vai dirixido a lectores a partir de doce anos.
Desta autor lembramos un moi bo libro, publicado na colección Merlín de Xerais titulado Quen dá a quenda? e De remate, premio Xerais dese mesmo ano.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







