Nun artigo publicado en La Opinión, dise:
"A lectura
impulsa a actividade das nosas neuronas, loitando contra o deterioro
cognitivo, mellorando a concentración e incluso a empatía. Ler xera
novas conexións cerebrais que, sinalan os neurólogos, "póñenllo difícil á enfermidade". Ler é un exercicio tan indispensable como facer deporte. Cando
lemos, as neuronas coaumentan a súa actividade e comenzan a exercitarse.
Desta maneira, póñense en forma e preveñen a aparición da
demencia, melloran a capacidade de concentración do individuo e incluso
desenvolven unha meirande estratexia social.
(...) Vai para dúas décadas, Alexandre Castro
Caldas, actual Director do Instituto de Ciencias de la Salud de la
Universidad Católica Portuguesa, comprobou que a lectura podería ter
incluso una repercusión anatómica no cerebro: as fibras nerviosas
que unen ambos hemisferios son máis grosas nos lectores habituais,
segundo un estudo no que comprobou que os analfabetos tamén
identifican peor as palabras cando as escoitan.
(...) As novelas e outras
literaturas tamén teñen demostrado que axudan aos individuos a ser máis
empáticos e mostrar máis habilidades sociais. Aprenden a interpretar
situacións e sentimientos e coñecen máis estratexias para saber
resolverlas. Ademais, os lectores son máis felices. A Universidad de
Roma III publicou en 2015 un estudo sobre o índice de felicidade dos
lectores. Os resultados demostraron que o seu índice era de 7,44, mentres
que o dos non lectores baixaba a 7,21. "Unha diferenza aparentemente
limitada, pero en realidade estatísticamente moi significativa", sinalan
no informe. De feito, en cuestión de benestar distancianse aínda
máis 7,12 contra 6,92.
Ningún comentario:
Publicar un comentario