Aí van... desde o blogue Ler en mancomún da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Este é o resultado da revisión das memorias dos 239 Clubs de Lectura acollidos á convocatoria realizada pola Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Clubs de Lectura de centros que escolarizan alumnado de Secundaria.
E din: "Agustín Fernández Paz lidera unha vez máis esta táboa na que tamén atopamos
poetas ou autores de banda deseñada. Observamos, así mesmo, que son 13
as autoras que aparecen nesta relación dos 40 autores/as máis lidos, con obras seleccionadas polos lectores e lectoras". Xénero (ou sexo dos creadores/as) e xéneros (literarios: poesía, teatro, narrativa, banda deseñada...). Agustín é seguido por Ledicia Costas, o viñetista e ilustrador Miguelanxo Prado, Pedro Feijoo, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario