Nos datos do último Informe de Lectura 2017, sae a luz... que un 39% da poboación española non le nunca ou case nunca, e só un 47% é lector habitual; aumentou o número de lectores frecuentes un 11,2 % nos últimos 15 anos.O número de librarías reduciuse moito aínda que menos que o número de puntos de venta de prensa.
Conclúe que os que máis len son os xóvenes, universitarios e habitantes de municipios de máis dun millón de habitantes.
Tamén pon de manifesto que medrou o número de bibliotecas, pero as coleccións están envellecidas (“En 2009 invertían 1,50 euros por habitante; en 2014,
so 0,56 céntimos”).e os horarios reducidos, pola crise. Descenderon os préstamos a pesar de que hai máis persoas asociadas. O informe tamén deixa claro que as bibliotecas son aproveitadas só por un cuarto da poboación
Recoñécese como debilidade, a marxinación das bibliotecas escolares (ao diminuír o apoio público), o que afecta á baixa competencia lectora e informacional de moitos cidadáns. Neste aspecto, queremos e debemos referirnos a un artigo publicado por Faro de Vigo, no que se fala de Galicia como exemplo dunha liña innovadora para educación nos seguintes termos:
Noutyra nova, neste caso galega... dise:
"Os editores destacan o desenvolvemento das Bibliotecas Escolares, "unha rede extensa e cun gran nivel de
actividade", sinalan. Recoñecen ademais que a pesar das dificultades
económicas, esta rede é unha das máis activas. "Ao longo deste
tempo, tal vez un dos logros máis interesantes ten sido a consolidación de verdadeiras redes territoriais", escriben. "No esquezamos -di o informe- que, por exemplo, en Galicia, onde o orzamento para as bibliotecas escolares é o máis elevado
comparativamente en relación ao número de alumnos, en PISA obtivo resultados
en competencia lectora superiores á media de España, OCDE y UE.
Ademáis
resaltan a súa "liña innovadora" ao crear unha materia de libre
configuración en Secundaria titulada Investigación e tratamento da
información. É tamén un "exemplo excelente" en canto a
actividades promocionais como clubs de lectura ou concursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario