Pandeireteiras de Nerea Gómez, Xosé Manuel e Icía Varela publicado por edicións Embora.
Da presentación editorial: "Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiraran a Rosalía de Castro á hora de escribir Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX. Mulleres que nos albores do último cuarto do século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI."
Unha fermosas gardas cos debuxos dos panos cas cantareiras. Unha ilustracións case esquemáticas que buscan o pop e o deseño, unhas cores que van do negro ao marrón con algo de branco, verde, vermello, laranxa...
Comeza explicando os comezos das Letras Galegas, Rosalía e a decisión das Letras 2025 para despois centrarse en cada grupo de cantareiras: Adolfina e Rosa, a súa vida, as súas pezas (con algunha das súas letras ao completo), outros músicos cos que se relacionan non faltan as referencias a Dorothé Shubarth e Antón Santamarina. O libro recolle os datos biográficos de cada unha delas, como foi a súa relacións coa música, os lugares nos que actuaron, o que caracterizaba o seu repertorio... Un libro imprescindible nas Letras do 2025.
Ningún comentario:
Publicar un comentario