Amosando publicacións coa etiqueta Icía Varela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Icía Varela. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2026

Un libro (máis) das Letras de Begoña Caamaño

 

Begoña Caamaño de Icía Varela e Xosé Manual Varela con Nerea Gómez nas ilustracións está publicado por Embora. Formato cadrado, pastas duras, moita ilustración e textos extensos que van analizando a decisión da RAG, as característica de Begoña Caamaño que a distinguen e a fan merecedora desta homenaxe, a biografía pasando pola infancia, a formación académica, o percorrido pola radio e o xornalismo en prensa escrita, as viaxes, a análise das obras das que parte (A Odisea, o mundo grego na lieratura galega, Circe ou o pracer do azul, Espazos e personaxes de Circe, A Materia de Bretaña, A Materia de Bretaña na literatura galega, Morgana en Esmelle, Espazos e personaxes de Morgana en Esmelle), o prólogo de Begoña Caamaño para Rosalía pequeniña de Uxía Senlle, as músicas de Begoña, as diferentes homenaxes e as persoas e organizacións que levaron o premio Begoña Caamaño á Ácción Cultural pola Igualdade de Xénero. Un libro máis para as Letras, cada un no seu estilo, este deténdose moito nos libros nos que se fundamenta a obra da autora das Letras 2016.

sábado, 5 de xullo de 2025

Un libro máis sobre as Letras


Pandeireteiras de Nerea Gómez, Xosé Manuel e Icía Varela publicado por edicións Embora.

Da presentación editorial: "Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiraran a Rosalía de Castro á hora de escribir Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX. Mulleres que nos albores do último cuarto do século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI." 

Unha fermosas gardas cos debuxos dos panos cas cantareiras. Unha ilustracións case esquemáticas que buscan o pop e o deseño, unhas cores que van do negro ao marrón con algo de branco, verde, vermello, laranxa...

Comeza explicando os comezos das Letras Galegas, Rosalía e a decisión das Letras 2025 para despois centrarse en cada grupo de cantareiras: Adolfina e Rosa, a súa vida, as súas pezas (con algunha das súas letras ao completo), outros músicos cos que se relacionan non faltan as referencias a Dorothé Shubarth e Antón Santamarina. O libro recolle os datos biográficos de cada unha delas, como foi a súa relacións coa música, os lugares nos que actuaron, o que caracterizaba o seu repertorio... Un libro imprescindible nas Letras do 2025.