venres, 13 de novembro de 2026

De cando foi o ano de Castelao, unha obra de Teófilo edicións

 


No ano de Castelao, 2025, unha obra de Teófilo edicións asinada por Paco López - Barxas e Isabel Pintado, chega a nós (con retraso) da man da Xunta de Galicia e o Parlamento.

Un neno vainos presentando a historia. Chámase Eduardo e dinos que Castelao tiña tre nomes (Alfonso, Manuel e Daniel), introdúcenos a toda a familia (avós e pais cos seus oficios), de como aprendeu historias (e tamén as primeiras letras), fálanos de cando os dous (Eduardo e Daniel) eran pequenos e xogaban xuntos, das inxustizas ás que era tan sensible o pequeno Castelao, de como sempre falaba e pintaba en galego (que tamén se pode facer, sen dúbida), de cando emigran a Arxentina para estar co pai e nacen as súas irmás, de como volven, da súa fascinación polo mapa de Galicia e de como nesa mapa pinta a casa de tía Ádega que colle vida... Isto anímao a seguir pintando engadindo debuxos pola xeografía ata que descubriu que por cada cousa que debuxaba outra desaparecía. Esa noite aparecéuselle Fontán, o autor do mapa e explicoulle que pintar o país que levaba na cabeza non o podía facer el só, que había que facelo coa axuda de moitos. Esa era a lección: non se pode debuxar un país sen soñalo xuntos!  

Debuxos que ocupan unha ou dúas caras, letras que cambian de cor (do negro ao verde, vermello, branco, azul, marrón...) Unha bolsa de rede cun lazo azul para gardalo... Todo un luxo de  presentación, tal como son estas publicacións das institucións e deste editorial 

Ningún comentario:

Publicar un comentario