martes, 3 de novembro de 2026

DÍA DA LECTURA, DÍA DA LECTORA E DO LECTOR, nacemento de Neira Vilas


Hoxe é o DÍA DA LECTURA, DÍA DA LECTORA E DO LECTOR. 3 de novembro, día do nacemento de Neira Vilas.

Non direi nada... Só que debemos lelo, hoxe e sempre. Pero hoxe farase en moitos lugares comezando pola dúa Fundación onde levamos anos lendo as Memorias dun neno labrega nunha lectura continuada, dándolle voz ao libro que nos leva polo mundo, dende Gres ata calquera lingua, dende Galicia a países afastados nos que hai nenos e nenas, adultos e adultas que se identifican con Balbino.

“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen di un ninguén. E ademais, pobre…”

Como dicía Alonso Montero, cando morreu Neira Vilas quedaron orfdos todos os desherdados do mundo. 

Leámolo e sintamos que só podemos ganar un mundo máis humano, porque a lectura nos fai mellores, porque Gres é a capital cultural de Galicia este ano (como dixo un dos membros da Fundación). 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario