A fábrica de nubes con texto e ilustracións de Carmen Rodríguez acaba de ser publicado por Antela editorial.
Preséntase así: "Que sucede cando un pequeno erro muda todo o ceo? Na fábrica secreta de nubes, onde cada nube se crea con coidado, un inesperado contratempo convérteo todo nun auténtico caos… ou quizais nunha oportunidade para descubrir que os accidentes tamén poden dar lugar a algo marabilloso?
A fábrica secreta de nubes é un álbum ilustrado cheo de imaxinación, humor e tenrura que invita a descubrir a beleza do inesperado e a importancia de aceptar que non sempre todo sae segundo o previsto."
Na colección Pitiños, para primeiras lecturas, debuxos sinxelos que completan a páxina, gardas con bubes típicas na primeira parte e nubes con diferentes formas na segunda. Imaxinamos unha fábrica de nubes? Sabemos recoñecer as nubes? acostumamos observar a forma de nubes no ceo e imaxinar con que se corresponden? sabiamos que hai quen ten que definir as nubes que hai no noso ceo cada día?
Si: cirros, cúmulos, nimbos e as súas combinacións. Dependerá da forma pero tamén da altura á que se sitúan. Algo máis que engadir a todas as posibilidades de observación da natureza. Unha riqueza máis!



Ningún comentario:
Publicar un comentario