Begoña Caamaño de Icía Varela e Xosé Manual Varela con Nerea Gómez nas ilustracións está publicado por Embora. Formato cadrado, pastas duras, moita ilustración e textos extensos que van alalizando a dcisión da RAG, as característica de Begoña Caamaño que a distinguen ea fan mercedora desta homenaxe, a biografía pasando pola infancia, a formación académica, o percorrido pola radio e o xornalismo en prensa escrita, as viaxes, a análise das obras das que parte (A Odisea, o mundo grego na lieratura galega, Circe ou o pracer do azul, Espazos e personaxes de Circe, A Materia de Bretaña, A Materia de Bretaña na literatura galega, Morgana en Esmelle, Espazos e personaxes de Morgana en Esmelle), o prólogo de Begoña Caamaño para Rosalía pequeniña de Uxía Senlle, as músicas de Begoñ e as a Caamaño, as diferentes homenaxes e as persoas e organizacións que levaron o premio Begoña Caamaño á Ácción Cultural pola Igualdade de Xénero. Un libro máis para as Letras, cada un no seu estilo, este deténdose moito nos libros nos que se fundamenta a obra da autora das Letras 2016.

Ningún comentario:
Publicar un comentario