Uns xogos que non deben faltar nas bibliotecas escolares e ludotecas, nas casas e nos centros socioculturais. Tamén podemos xogar en galego e é grazas a estas iniciativas que poñen en pé persoas individuais que miran polo común.
Brazolinda é o seu nome. Na súa páxina atopamos os xogos organizados por idades (+ de un ano, + de tres, + de cinto e + de oito), por número de xogadores (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 ou ilomitado) por categorías (Matemáticas, Expresión oral, Agudeza visual , Iniciación, Ciencias, Cultura e Xogos cooperativos). Atoparemos moito máis do que precisamos e faremos posible que continúen creando e ofrecendo os seus produtos. Un paso na normalización da nosa lingua, esa que andamos celebrando este mes.
Nunca deixaremos de darlles as grazas.
Adiante!

Ningún comentario:
Publicar un comentario