As mans da miña avoa de Inés Cardoso e Susana Matos está traducido por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka na colección MareMar.
Da presentación editorial: "Unha historia tenra e chea de amor que nos traslada no espazo e no tempo a través da sempre curiosa ollada da infancia. Unha homenaxe ás avoas, as mellores mestras, que nos achegan sempre memoria e sabedoría." Na páxina de Kalandraka relaciónano con A avoa adormecida, O comedor da avoa e Avós.
Contado dende o punto de vista da neta, este libro éunha declaración de amor e respecto polas súas mans. As mans da avoa son máxicas, fai doado o que é difícil, as súas mans son sabias e fortes, ela observa o que fai a neta e está presta a botarlle unha man, sabe que para ter unhas mans como as súas hai que pasar moitas penurias. Ademais das mans, la observa a avoa: a súa cara chea de engurras coma surcos na terra, os ollos cansos de tanto ver, as lembranzas doutros tempos, coñece o nome de todo canto hai no campo (plantas e flores, froitos e animais), sabe o que debe coidarse e o que hai que eliminar, cando aguar e cando podar, ensínalle aplantar unha árbore para que medre tanto como o fixoa cerdeira que ela plantou de pequena, tamén lle ensina a cociñar e os seus platos poden ter o sabor da saudade, tamén cose non desbotanto aacos de tea ou botóns que sempre reutiliza e ademais, ensínalle a agardar polas estacións, por outros tepos, polo futuro, polas árbores para que medren...
As mans da avoa gardan o tesouro que nin siquera os piratas teñen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario