Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de marzo de 2021

EXTRA EXTRA!!! Nova convocatoria do único Premio de Poesía (en galego) para a Infancia

 

Recupérase o único premio de Premio de Poesía (en galego) para a Infancia. A Fundación Neira Vilas e  GALIX, co patrocinio de Deleite póñeo en pé porque somos un país de poetas, porque a poesía é necesaria e porque a rpaazada tamén ten dereitos!

Imos rachar cordar e construír pontes porque precisamos desta palabra para existir, precisamos libros de poesía infantil, necesitamos premios que nolos valoren, escritores/as que traballen coa palabra poética e editoriais que lles poñan atención.

Sumando esforzos entre a Fundación Neira Vilas, GALIX (a Ssociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e Deleite ábrese a porta á convocatoria do unico premio de Poesía Infantil en galego.