sábado, 27 de maio de 2017

Libros que voan e graffitis que se len

Avións de papel de Xavier Estévez foi finalista do premio Merlín 2016. Unha boa anada.
Unha historia contada por dúas voces: un rapaz e unha rapaza; unha situación de bullying e outra de disfuncionalidade motórica. Soidade, tristeza, dor, medos... pero tamén afecto e valentía, creatividade e humor. 
Un petisco:
"Algúns pequeniños choraban a moco tendido nos brazos dos seus pais. Coma se fosen á guerra. 
Eu sabía a verdade. Ían á guerra."
“Un can decidiu sacar a pasear a un home de bigote, tirando del coa forza coa que turraría dunha zorra no Ártico; un grupo de nenos xogaban á pelota nunha curiosa variante dunha arte marcial; e un par de namorados ollaban un cara ao outro coa mesma cara que unha ovella cando atopa un bo anaco de herba." 
Como pano de fondo Hooper, o pintor norteamericano. O seu apelido é o pseudónimo co que asina os graffitis un pintor anónimo e misterioso. Fronte a el un alcalde, como o d´A galiña azul, un Manolito Listón que agora se chama Saturnino Pérez, pero que se asemella (traxe escuro, gravata rechamante, relambido coma se unha vaca lle pasase a lingua pola cabeza, cunhas mans de dedos gordos coma chourizos... que quere acabar coas pintadas e con quen as fai porque “son un grave atentado contra  a dignidade desta vila. Iso non é arte”. Arte urbana, arte para todos porque un cadro ó poden ver unha cantas persoas pero as pintadas están para que as vexa todo o mundo, para que as gocen, facendo máis fermosa a cidade, nos din os rapaces.
Dúas soidades que se atopan. Problemas que poden ir superándose ca axuda dos demais, pero hai que contar con eles, hai que tocar no timbre da súa casa, hai que coller a man que che ofrece Lara (a profesora que cre no que fai e nun mundo mellor; a muller que está disposta a todo para facelo posible). 
Fronte ao alcalde a resistencia cidadá, directa, poñendo o corpo para evitar a destrución... Os rapaces de primeiros. 
E por se faltaba algo, incluso nos deixa un indicio de misterio, unha dúbida razoable da que non se fala, da que simplemente se achega unha mirada, unha sensación, porque o atropelo... igual non foi accidental.  

venres, 26 de maio de 2017

Anunciase a Xornada dos Clubs de Lectura

 
O 17 de xuño vai ter lugar a Xornada dos Clubs de Lectura.
Xa van alá 10 anos, 10 convocatorias de Clubs, 10 xornadas de formación arredor dos Clubs.
Ben se merecía unha festa especial!
Na quinta Xornada, un pequeno grupo de alumnado acompañou ao profesorado. Xuntámonos uns cincocentos e todo foi espectacular.
Agora, cinco anos máis tarde, o programa é impresionante. Vale a pena botar unha ollada... Falaremos máis tarde... agora, simplemente lembremos que Galicia foi a primeira comunidade autónoma que convocou club de lectura en centros de Secundaria, que nesta experiencia de clubs apareceron os de alumnado pero tamén os de adultos: profesorado, familias, veciños...; que os hai de temática e xénero libres, pero tamén específicos; que len en diferentes idiomas... pero a convocatoria fai unha aposta polo galego, que hai que dicilo queda nas mans do profesorado con toda a responsabilidade.
Nas vosas mans!!!!! 

domingo, 21 de maio de 2017

Obras ganadoras na Gala do Libro Galego

 


Na modalidade de ensaio:  
Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María de Mercedes QueixasEditorial Galaxia
Na modalidade de narrativa: 
Todo canto fomos de Xosé MonteagudoEditorial Galaxia

Na modalidade de literatura infantil e xuvenil: 
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia CostasEdicións Xerais de Galicia
Na modalidade de libro ilustrado: 
Canta connosco de Óscar VillánKalandraka Editora

Na modalidade de iniciativa bibliográfica: 
Aulas sen paredes de Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas
Na modalidade de tradución: 
Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de BretañaAnónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora

Na modalidade de poesía: 
O cuarto das abellas de Antía OteroEdicións Xerais de Galicia
Na modalidade de teatro: 
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos LabrañaEditorial Galaxia
Na modalidade de iniciativa cultural ou de fomento da lectura:
Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
Na modalidade de proxecto literario na rede:
A Sega. Plataforma de Crítica Literaria
Na modalidade de xornalismo cultural:
Zig-Zag da TVG

sábado, 20 de maio de 2017

Finalistas da Gala do Libro (Iniciativa cultural ou de Fomento da Lectura, Proxecto Literario na rede e Xornalismo cultural) 2017


Iniciativa cultural ou de fomento da lectura
Proxecto literario na rede
Xornalismo Cultural

Finalistas da Gala do Libro (Poesía e Teatro) 2017



Poesía
Teatro

Finalistas da Gala do Libro (Iniciativa bibliográfica e Tradución) 2017



Iniciativa bibliográfica
Tradución

Finalistas da Gala do Libro (Literatura Infantil e Xuvenil e Libro Ilustrado) 2017



Literatura Infantil e Xuvenil
Libro Ilustrado