sábado, 30 de abril de 2016

Eles din... acerca da cultura.

Dícía un día deste Yayo Cáceres, director do grupo de teatro Ron Lalá, que a cultura e a educación son as alas que nos permiten voar.
Ía máis lonxe, cando defendía que a arte é absolutamente necesaria por ser a ferramenta que desenvolve un hemisferio do cerebro que doutra maneira quedaría durmido. E continúa: "O problema é que che fan pensar por ti mesmo, e iso é algo que non acostuma interesar á xente que goberna" (dunha ou doutra maneira).
Tamén contaba o que xa sabemos, que no Reino Unido levan cinco anos planificando o aniversario de Cervantes e hai uns 25 montaxes en marcha, mentras que aquí enviamos a Eurovisión a alguén que nos vai a representar en inglés. Xa o dixera Darío Villanueva ¡canto sentido común! Pena que esta análise non se faga da mesma maneira cando se fala do galego, pero non hai dúbida de que quen non defende o castelán tampouco o fai co galego. Como se só interesara a lingua do poder, nun lado ou doutro...
Mentras tanto, en Compostela pechan a librarías e no seu lugar tod@s tememos unha nova tenda de baratixas para pseudo peregríns.

xoves, 28 de abril de 2016

Porque todos os días... os libros son para valentes


Iso dixo Pedro Feijoo, "Os libros son para valentes" e non para almas moinas que se conforman coa vida en rosa, coa televisión repetindo unha e mil veces as mesmas novas (que non por iso pasan a ser verdade).
Os libros son para valentes que se atreven a vivir máis dunha vida, aínda que isto os condene a ter que morrer tamén unha chea de veces.
Os libros son para valentes que miran de fronte e non o pechan por moito que os faga pensar, para os que dubidan e reflexionan.
Os libros son para valentes que se deteñen a ler... a ir máis alá de mirar.
Atreverémonos, Pedro, entraremos nas páxinas, percorrerémolas coma se dunha xeografía se tratara e logo discutirémolas con quen teñamos a man, porque é preciso falar do que lemos e facelo cara a cara.
Grazas por esas palabras a ti, e por todo á Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia que sempre sabe a quen pedirlle unhas verbas.

mércores, 27 de abril de 2016

Sobre literatura infantil e xuvenil... algunha opinións


No seguinte enlace temos un artigo no que diferentes autores como Antonio Ventura, Luis García Montero, Eliacer Cansino...
Entre as ideas que se recollen hai lamentos pola perda das editoriais independentes que andaban entre nós hai unhas décadas. Tamén na literatura é imprescindible o punto ecolóxico, a defensa das diferentes opcións ou empresas para posibilitar a diversidade de propostas. Niso debemos pensar, nas editorias pequenas e grandes que nos están a achegar libro para rapazada e mocidade en galego e a necesidade de defender a súa supervivencia, cando o produto que ofrecen ten calidade.
Tamén é de interese a diferenciación que se fai da literatura infantil e a xuvenil, o sentido ou non desta última e a liberdade da primeira.

martes, 26 de abril de 2016

A biblioteca electrónica do Instituto Cervantes


Así se anuncia: "Miles de libros y recursos digitales en español donde y cuando quieras".
Este é o seu enlace para acceder a libros electrónicos (co catálogo), audiolibros,  recursos-ee club virtual de lectura.
Entre os recursos web atopamos, nas súas palabras "O mellor da música de todos os tempos, o mellor en España e Latinoamérica: Naxos Music Library, a colección de música clásica máis completa dispoñible na rede". Aínda que semella moi publicitario, haberá que ver...

xoves, 21 de abril de 2016

Compostela, cidade convidada de honor na Feira de Bos Aires.


Santiago de Compostela é a cidade convidada de honor na feira que se está a celebrar. Dise que máis de 25 autores arribarán a Bos Aires para dar a coñecer aa obra literaria, científica e cultural galega.
Ao tempo, os leóns que gardan o Congreso dos Diputados poñen as gafas para poder ler a Cervantes, porque eles tamén teñen xa a súa idade... como podemos ver.

mércores, 20 de abril de 2016

23 días de lectura e de libro


O Ministerio de Educación, Culturae Deporte acaba de poñer en marcha a campaña 23 días de libro.
“Un lector vive mil vidas, el que no lee...sólo una”, La lectura les ayuda a potenciar su creatividad, a mejorar su imaginación, a tener una mejor memoria, amplían el vocabulario y siempre podrán descubrir cosas nuevas. Los niños tienen curiosidad innata por aprender y por mirar los cuentos, pero es deber de los adultos potenciar el hábito para que a medida que vayan creciendo, los niños sientan que la lectura no es una obligación sino una actividad de placer y ocio que sólo les aporta cosas buenas.

martes, 19 de abril de 2016

Día Mundial da Narración Oral ou Semana da tradición oral

Por se marzo tiña pouco que celebrar, este ano no calendario do libro e da lectura aparece esta data, 20 de marzo día da narración oral. Nunca sobra, pero igual preferiríamos que se asumira a semana da tradición oral que sempre se celebra alá por novembro, un mes moi axeitado para recollerse ao pé de calquera lareira ou mesa a falar, a contar, a compartir o que nos legaron e a maneira na que nos pasamos de orella a boca para que a cadea continúe. Outono de castañas e magosto, de vendima para os maiores e tempo de recollerse.
Só unha referencia para volver en novembro e celebrar unha semana que pode espallarse mentres andamos con samaíns e magostos, cos santos e os defuntos... que de todo se pode falar! e cantar, por que non?
Sempre ir ás fontes, sempre pasar por Galicia encantada esa páxina do noso imaxinario e aos libros deses magos da recolleita: Dicionario dos seres míticos galegos, Pequena mitoloxía de Galicia, Cando os animais falaban, A flor da auga, Arrepíos e outros medos... as coleccións Cabalo buligan de Xerais, Dediños de Tambre, Contos populares de A Nosa Terra, e algúns volumes soltos da colección Ler é vivir e Montaña encantada de Everest Galicia.
Para facer boca, un texto en liña de Xosé Miranda "Lendas e mitoloxía popular galega"