xoves, 28 de abril de 2016

Porque todos os días... os libros son para valentes


Iso dixo Pedro Feijoo, "Os libros son para valentes" e non para almas moinas que se conforman coa vida en rosa, coa televisión repetindo unha e mil veces as mesmas novas (que non por iso pasan a ser verdade).
Os libros son para valentes que se atreven a vivir máis dunha vida, aínda que isto os condene a ter que morrer tamén unha chea de veces.
Os libros son para valentes que miran de fronte e non o pechan por moito que os faga pensar, para os que dubidan e reflexionan.
Os libros son para valentes que se deteñen a ler... a ir máis alá de mirar.
Atreverémonos, Pedro, entraremos nas páxinas, percorrerémolas coma se dunha xeografía se tratara e logo discutirémolas con quen teñamos a man, porque é preciso falar do que lemos e facelo cara a cara.
Grazas por esas palabras a ti, e por todo á Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia que sempre sabe a quen pedirlle unhas verbas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario