martes, 5 de abril de 2016

De libros e bibliotecas


En El País do 2 de abril atopamos esta outra nova que nos enche de fachenda "Descubrir la ciencia. Los siete hermanos que se criaron con 20.000 libros". Fala o artigo dunha familia de Ourense, os Martínez Díaz entre os que se atopan un arqueólogo que investiga sobre os guerreiros de Xian, unha paleontóloga que traballa no Cáucaso, un pediatra en Kazajistán, unha investigadora nos xacementos de Atapuerca,... fala deles e dos libros, da boa educación (no mellor sentido). Marcos Martínez Díaz, impartiu unha conferencia nas Xornadas arqueolóxicas do Barbanza e alí puidemos saber que entre outros méritos contaba co premio ao mellor divulgador científico do Reino Unido.
Entresacamos:
"(...) Aquella biblioteca de un piso de Ourense repleta de epopeyas de papel se convirtió en una fábrica de cerebros dedicados a la ciencia. (...) En mi casa había veneración por los libros, como fuente de entretenimiento, de conocimiento, de consuelo”
E, eses pais, cunha biblioteca que ocupaba o mellor cuarto da casa, só pediron que deran a mellor versión de si mesmos... Canto toca aprender!

Ningún comentario:

Publicar un comentario