Unhas ilustracións nas que xoga coa simboloxía e as metáforas
convertidas en imaxes, unhas representacións que asumen o prodixio tamén como algo
normal e lle dan carta de naturalidade.
Na presentación dunha das ultimas edicións, o fillo de Casares, Hakan,
fala do pai e do seu sentido do humor, o gusto polas situacións absurdas e
surrealistas así como polas personaxes pintorescas entre as que se moven os
curas, o seu aprecio polas virtudes de comprensión e tolerancia e a consideración
da intolerancia como o gran mal, xerme do fatalismo e da violencia. De todo
isto temos no libro.
De curas, da relixión ao entender popular onde Deus é bo pero o demo tampouco e malo, ou por mellor dicir: pódese crer na relixión oficial compartíndoa con outras crenzas. Así, o párroco é un home de bo comer e gozar, alguén que entende todas ou case todas as debilidades. Pero o seu amigo, un curiña "flor de pitiminí" é un fundamentalista que non dá entendido que un ferreiro se poida converter en galo e visitar a cidade asolagada. E así, como nos tempos da Santa Inquisición, esta actúa e o mundo pasa por etapa escuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario