Hai que
lembrar, que algún dos contos de Casares xa aparecían no que debe ser o primeiro vinilo de
historias gravadas en galego, Contos
galegos pra nenos, alá polo 1979 editados en dous volumes, cunha selección
de textos de Xosé Paz, portadas ilustradas por Xosé Antonio Perozo e producidos
por Suso Vaamonde, a través de firma Dial Limoeiro.
Os textos do primeiro dos volumes son Choio e o rei Talento de Guillermo
Abeixón, Os tres bandoleiros de Tomi
Ungerer traducido por Xosé Paz, Amal e o
leiteiro de Rabindranath Tagore traducido por Xulio Cons, A primeira aventura da ranciña de Anisia
Miranda, xunto con A formiga esquiadora
e A galiña azul de Carlos Casares.
De Perozo son tamén os diálogos e algunha das
voces dos personaxes, xunto coas de Mª dos Anxo Prieto, Mª Xosé Porteiro, Mª
Xosé González, Manuel Pombal, Antón Durán “Morris”e Suso Vaamonde, que se definen
como grupo Avelaira. Nos sons, as músicas e efectos especiais Xan I. Cuadrado e
Alberte G, Ledesma.
Precursores, tamén eles, na
utilización de novos soportes, e demostrando que as historias resisten sexa cal
sexa a maneira de contalas, porque antes e agora seguimos a necesitalas para
que a Terra siga xirando abalada polos sons da nosa lingua, unha lingua azul e
branca que ten a súa propia maneira de cantar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario