Imaxe de Matilda
Os libros viventes ou persoas libro, son un recurso máis a biblioteca; unha posibilidade de dinamizala tendo en conta as persoas próximas que poden achegar algo que nos resulta necesario. Ben o di o artigo: non todas as persoas teñen unha historia realmente de interese; ademais, en cada momento podemos facer fincapé nun aspecto determinado... pero aí está iniciativa.
Igual que collemos un libro para entrar noutros mundos, podemos asistir á charla dunha persoa que ten algo que contarnos e facerlle preguntas.
Por que pensar no próximo? Porque ás veces empeñámonos en mirar lonxe cando preto temos tanto e mais a man, máis entendible, máis doado, máis exemplíficante... Se pensamos un pouco, aparecen moitas persoas que son verdadeiros libros cos que organizar unha biblioteca vivente, unha edición especial.
Varios medios andan a fala desta modalidade de libro, e cando isto sucede máis vale que nos fagamos preguntas.
Varios medios andan a fala desta modalidade de libro, e cando isto sucede máis vale que nos fagamos preguntas.
Outra nova que recollo porque me parece que achega unha actividade que pode resultar interesante é a que fala de construír unha mapa dalgún lugar cos libros; eles elaboran un mapa do mundo, pero eu propoño un mapa da zona, do concello, un mapa en plan micro no que coloquemos aqueles libros publicados polos nosos veciños que aportan una riqueza ao medio. Con coidadiño, sempre cómpre telo... para non facer babecadas e colocar algo que non responda ao criterio, no caso de realizar selección; comentan no artigo que en España colocaran un libro de Carlos Ruíz Zafón deixando fóra o libro de Cervantes nos que andamos a penar todas e todos, ¡menudos prescriptores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario