"Cando c omezo a percorrer o derradeiro tramo da miña vida, doume conta da gran influencia que tivo nqa miña persoalidade a lectura de certos autores. O que contaban axudoume a descobrir a complexidade do mundo. Pero sobre todo puxo diante dos meus ollos verdades como que a apariencia á case sempre enganosa e que mirar resulta algo
moito máis importante ca ver.
Cando un remata un bo
libro xa non é mesmo que cando empezou a ler a súa primeira páxina porque a boa literatura ilumínanos, transfigúranos ao mostrarnos
unha especie de cara oculta da realidade á que non podemos acceder
polas limitacións que determinan a nosa vida.
Cuando
releo a Iliada, un dos meus textos favoritos, sempre penso que a naturaleza humana cambiou moi pouco desde Homero porque os
sentimientos dos heroes da narración son os mesmos que podería
expresar hoxe calquera home contemporáneo.
Ler é o máis semellante a vivir. E a boa literatura ten a virtualidade de transportarnos a mundos afastados e descoñecidos aos que podemos acceder polo milagre da letra impresa".
Ler é o máis semellante a vivir. E a boa literatura ten a virtualidade de transportarnos a mundos afastados e descoñecidos aos que podemos acceder polo milagre da letra impresa".
Artigo publicado en Levante. El mercantil valenciano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario