Nunha entrevista arredor da súa participación na Feira do Libro d´A Coruña e da súa obra Os libros arden mal en La Voz de Galicia, declara...
"(...) A xente que ordena a queima dos libros non é xente inculta, non son bárbaros; son xustamente persoas que saben moito dos libros. Saben cales hai que queimar e cales non. Danlles moito poder e por iso loitan contra determinados títulos."
Un aviso a navegantes, por se había dúbidas...
O libro que ten como protagonista a cidade, segue aí, vixente dando unha lección acerca de como teremos que manter os catálogos abertos e non estar dispostos a cambiar continuamente indo detrás da última publicación, esquecendo o que saiu á luz onte ou antonte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario