Un ovo de lobo de Txabi Arnal, traducido por Iolanda Mato e publicado por Triqueta Verde.
Imaxinamos un lobo que quere facer un niño, poñer un ovo e criar unha criatura. Si, xa vimos que coloca unhas ás de aguia e mascato que coloca nas patas de diante e no rabo. Tenta poñer un ovo... non é quen de facelo. Sofre algún que outro engano porque cando unha nube solta pedrazo no niño el ponse a incubalos ata que se lle desfán. Desespera: non pode facer o que fai o paxaro máis pequeno do bosque. Mentres os paxaros tentan animalo, o cuco fai das súas e coloca un ovo no niño do logo. Xa sabedes a maneira como segue a historia, tan pronto racha a casca do ovo o lobo empéñase en ensinarlle a voarm unha e outra vez, ata que o consegue. "Voa, cuquiño, voa" dille o lobo emocionado e orgulloso. Unha historia optimista e de autonomía, de amores que nos axudan a voar e chea de referencias actuais.
Feroz o lobo de Margarita del Mazo con ilustracións de Leire Salaberria, traducido do castelán por Marisa Núñez e publicado por OQO
Unha volta ao conto. Neste caso, o lobo vai buscando a Carapuchiña, todos o miran mal, todo o undo lle ve malas intencións, pero el, o único que quere é felicitala. Tamén atopamos a mestura con outros contos nos que o lobo actúa, como o dos tres porquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario