Unha destas é Cleo Duflón: outra bruxa novata de Pilar Serrano con ilustracións de Ignacio Hernández, publicada por Minicumio, que se presenta así: "Cleo é unha nena como todas, quere ir ao cole, xogar e pasar desapercibida. Pero a súa nai dille que ela é unha bruxa, unha bruxa moi especial. Deseguido terá que descubrir cales son os seus dons nunha escola de maxia un tanto particular. Polo camiño atoparase con amigas, conflitos e misterios que con enxeño, intelixencia, empatía e bastante humor terá que resolver. Ás veces dubidará, porque dubidar é bo, pero no seu afán pola verdade e a xustiza levaran a Cleo, a nosa nova bruxa novata, a acadar a solución ao redor dun conflito entre Duflós e Conxuro, as dúas mascotas máis relevantes na súa escola, con un pasado un tanto conflitivo."
Ningún comentario:
Publicar un comentario