Do outro lado
da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista,
pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice
involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos
latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo
é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel
que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao
tempo, capaz da maior luz."
Entre as curiosidades que cita a autora... Nace da necesidade de procurar quen somos e do desexo de quen queremos ser
pero, sobre todo, de como nos esforzamos por amosarnos ante os demais. E do arriscado de fiarse das aparencias. Nela están presentes as luces e sombras das redes sociais, todas as verdades e mentiras que van compoñendo as stories, os vídeos e as fotografías destinados a lograr unha perfección imposible. A creación dos nomes dalgúns dos personaxes principais é algo moi significativo, porque non se trata
dos nomes de pía, senón daqueles outros cos que eles e elas se
identifican de verdade: os nomes que os definen nas redes, xogando coa
construción das súas identidades, co que finxen ser e co que realmente
agochan. Así, Ada pasa a ser Fada Escura nas redes, evidenciando a
negrura que tingue o seu mundo interno. Esta noite perpetua só pode ser
alumeada pola súa irmá xemelga, Lúa, que no universo virtual se
transforma simbolicamente en Plenilunio: o momento de maior resplandor: o
da lúa chea. Pola súa parte, Gabriel, adopta o nome de Dante en redes,
en homenaxe ao poeta italiano Dante Alighieri. A obra máis famosa deste
escritor, a Divina Comedia, relata a baixada aos círculos do
inferno do seu protagonista e coincide co nome da canle de Gabriel,
reflectindo a súa experiencia. Existe na miña realidade unha cidade tan parecida a Nordestal que se diría que son a mesma.
Unha boa historia de Andrea Maceiras, na que unha vez máis se detén na problemática xuvenil, as redes sociais, a popularidade, os retos... e de fondo o permanente: a amizade, as circunstancias de cada vida e as dificultades para superalas, o mundo da escuridade introducíndose no real como unha peste de fume que o envolve, a masa funcionando como un grupo descabezado, os deuses e as deusas presentes a través dos tempos a modo de mitoloxías que xogan co subconsciente, a etapa convulsa da adolescencia...
Ningún comentario:
Publicar un comentario