Dous contos ben distintos. Ambos en pequeno formato, agora que semella que canto máis grande mellor...O primeiro deles está publicado en Malian que semella unha editorial da casa, onde publican autora e ilustradora. Unha historia xunta historias, algo tamén moi de moda. O Arranxacontos é un mago que fai iso, mantén as historias tradicionais de tal forma que podan seguir contándose, atende as a chamada da Bruxa Malvada de Brancaneves porque non lle quedan mazás ou a Riciños de Ouro porque esnaquizou a cadeira dos Tres Osos... pero un bo día chegan á porta uns personaxes que non queren seguir facendo o rol que lles está asinado, el métese nos seus relatos e ve se realmente ha motivo de queixa ou non, e resolve o problema. Cando remata a historia, aparece o apartado "Xoga, crea e divírtete" de forma que se lle propoñen actividades á rapazada ao redor do libro, uns pasatempos. As autoras: Paula Merlán e a ilustrador Blanca Millán achegan esa dose de alegría nos historia que ben remata e nas imaxes amables e co selo que caracteriza a súa obra.
O segundo é de Lino Braxe (o polifacético autor e home de teatro que nos deixou hai un tempiño) e as ilustracións de María Braxe. Está publicado por Hércules edicións e conta a historia dun neno africano que ten que vir a Europa para operarse dunhas doenzas. O relato e as cartas que a voz narradora lle envía remítennos a Terra de Homes, unha ONG que se encarga de facilitar a viaxe e estancia desa rapazada entre nós.
Un libro de entretemento e outro de reflexión, de traballo a favor de facer visible un problema e a posible vía de solución. Moi distintos na forma e no fondo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario