A fotografía 51 presenta, a modo de imaxes fixas na retina ou nunha cámara fotográfica, a vida, dilemas e reflexións en primeira persoa de Rosalind Franklin, o seu traballo e a ocultación machista padecida, quen malia ser a que logrou a famosa fotografía 51 da estrutura do ADN, non foi recoñecida co Nobel, que si recibiron dous homes cos que colaborara nas investigacións.
A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Grazas á cristalografía dos raios x analizouse a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así se obtivo a "fotografía 51" determinante na estrutura da molécula do ADN.
É un libro de divulgación científica en forma de novela, coa mirada posta nesas fotografías da vida que acompañan á que lle dá título. As ilustracións en branco e negro de Paula Mayor Agrelo e as cartas escritas en letra caligráfica achegan valor á obra.
Tal como se di na capa, en 1951 ás mulleres non se lles permitía nin acceder á sala do café da universidade, reservada aos homes, tratábanascomo a sobras e ocultaban o traballo que desenvolvían.
Unha nova inxustiza que tempo despois sae á luz. A xustiza poética acode a visibilizar as mullers que foron minusvaloradas, aquelas das que se aproveitaron os seus compañeiros que recibiron os honores que a elas correspondía, mulleres que permaneron na sombra.
Ao final da obra, unha relación de protagonistas mostra científicos e científicas da contemporáneos de Rosalind Franklin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario