As pedras verdes de Rafael Fernández Lorenzo acadou o XVII Premio Raíña Lupa en 2023 e aparece agora publicado por Xerais coas ilustracións de Tamara Baz.
Da presentación editorial: "Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo
chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai
elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas
do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo
composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza
masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxe repleta de emocións e
aventuras, onde a maxia, o folclore e a realidade se mesturan con
marabillosas paisaxes e algún romance secreto. Todo baixo a atenta
mirada do exuberante Amazonas, que flúe libremente esparexendo a vida
alá por onde pasa.
En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é
«unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto de
vista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medo son
tamén temas centrais»." As pedras verdes son as pedras preciosas polas que se mata, as que os indíxenas utilizan a modo de amuletos que dan significado á superación de probas, ao ritos de iniciación pero o estranxeiro ve só como fortuna ao alcance da man El Dorado á volta da esquina ou meandro do río.
O Amazonas. As tribos nativas separadas unhas das outras. Os conquistadores actuando coa maior crueldade. Eles baixan polo río arrasando con todo e creando o terror máis absoluto, só unha milagre poderá salvar a situación e tal vez este sexa unicamente a unión dos demais,o enfrontamento intelixente... Francisco de Orellana, Gaspar de Carvahjal, Lope de Aguirre son nomes a recordar, os eu medo ante o descoñecido e a ansia de riquezas, de esquilmar as xosias dunha terra que querían crer habitada por medio homes. No medio as amazonas, esa tribo de mulleres (sen homes) que só se xuntan cos homes doutras tribos para poder procrear e que entregan as criaturas cando nacen homes a aqueels cos que se deitaron porque só quedan coas nenas. Pais que crían ao fillos sen nai e nais que as crían a elas sen pai nun empeño por salvagardar algo no que igual temos que reflexionar: por que non querían aos meniños entre elas, por que se negaban ao amor e a convivencia cos homes?
Unha nova crónica que nos sumerxe na atrocidade e o mito das mulleres independentes, nomedio do paraíso (ou inferno?) da selva.
Segunda parte dunha serie Heartstopper volume 2 de Alice Oseman traducido por Nee Barros e publicado por Xerais que, como ben di na cuberta, inclúe a historia da Tara e da Darcy.
Da presentación editorial: "Este é o segundo volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman" Da sinopse "O Nick e o Charlie son mellores amigos. O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia... e sobre si mesmo". O amor homosexual entre rapaces e entre rapazas, o entendemento entre eles e elas e a dificultade para ter unha relación normalizada con heterosexuais cando estes se solapan cos seus prexuízos.
Unha maneira tenra e natural de contar estas relacións, de ver como esperta o desexo e como semantén o afecto e a amizade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario