A serie de Janosch, Pequeno Oso Pequeno Tigre presenta unha nova entrega: Gran festa de aniversario para Tigre. A historia de como tigre pequeno celebrou o seu aniversario. Un motivo para que aprendan o que é unha festa, que xunten a todos os seus amigos e ammigas, que gocen dun día especial con comida, moita comida, bebida, música e ata unha inundación que a fai máis orixinal. A ra Greta, a pata co seu acordeón, a tia gansa e os seus zumes, o porquiño, o gardamontes Fernando, o oso grande do bosque, a lebre Valeria, o elefante gris, a toupa feliz, Laretas de Vilaauga, a lebre das botas veloces, o raposo, a gansa, o león dos pantalóns azuis, o Sonecas, a galiña co seu ovo debaixo da ala, , as ras Rin e Ran, o ocoso e o cabalo, o home narigudo, o canario, o can salvaxe, o burro viaxeiro, o burro Mallorca, o chivo Rufino... e así ata cen ou máis. Cando remata a festa tigre confésalle a oso que calquera día lle dirá: "Hoxe é o teu aniversario, querido oso, e temos que celebralo..." E así quedan, "ata a próxima, xente de Panamá e do mundo enteiro."
Despois de Que bonito é Panamá, Eu curareite, dixo oso pequeno, Coreo para tigre, Tigre e oso na cidade, Imos buscar un tesouro... esta festa de aniversario!
Da presentación editorial:
"Tigre pequeno fai anos e quere celebralo ao grande cos seus amigos e veciños.
Unha guía perfecta para preparar unha festa inesquecible, onde pode acontecer o máis inesperado."
Ningún comentario:
Publicar un comentario