luns, 27 de marzo de 2017

Os peluches animan a ler







Unha nova maneira de promover a lectura entre os máis pequenos.
Son expertos da universidad de Okayama, en Xapón,os que despois dun estudio afirman que os animais dee peluche son colaboradores eficaces na promocón da lectura. 
Unha noite de pixamas na biblioteca. Os peluches durmen entre libros e os nenos pasan pola biblioteca a recoller libros que ese peluches, os mediadores ou eles mesmos escollen... e non só para ler en silencio senón tamén para lerllos aos peluches 
O estudio demostra que aos pouos días deixelles de ter interese a actividade, peor odo cambia se volven a ensinarlles as fotos dos peluches na biblioteca. E os xaponeses din que o estudo suxireque estes programas tamén poden axudar a desenvolver un comportamento prosocial nos pequenos os animalos a ler libros a outros. 
Cantas voltas para algo tan sinxelo!!!!!!
Xa se nos falara tamén da posibilidade de lerlles ás mascotas... aínda que a unversidade non entrara a demostrar nada (polo menos que ós saibamos)

domingo, 26 de marzo de 2017

Bubisher e Sahara

O proxecto Bubisher de bibliotecas y bibliobuses para os campamentos saharauis,segue en pé.
De vez en cando conviña lembralo e botarlle unha man.

sábado, 25 de marzo de 2017

Islandia, país para escritores

Noticias que nos chaman a atención:
“Todo o mundo ten un libro no seu estómago”, seica din os islandeses.
É o país con máis escritores del mundo, con máis libros publicados e máis libros lidos se observamos a media por habitante. Neste país de sagas medievais, os escritores reciben unha paga do Estado para que poidan facelo tranquilamente. Calcúlase que unha de cada dez persoas publicará algo ao longo da súa vida. O 93% da poboacón le polo menos un libro ao ano, e máis da mitade merca polo menos oito títulos.
Si ben é certo que como apunta o pintor e novelista Hallgrímur Helgason “temos moitas horas de escuridade, fóra fai moito frío e algo haberá que facer”, seguramente esta non sexa a única razón.
Jón Kalman Stefánsson, un escritor  está a punto de publicar El corazón del hombre (Salamandra), novela que pecha a súa Triloxía do muchacho, protagonizada por un personaxe innominado, “o muchacho”, que se deslumbra ante as bibliotecas cheas de libros das casas dos ricos “e identifica non só a sabiduría, senón a riqueza, coa presenza de libros”. Jón Kalman apunta, asimismo, que “vive en nós, desde tempos remotos, a crenza no poder da palabra. Hoxe vivimos inundados de palabras e, de entre todo ese alud, debemos esforzarnos por distinguir aquelas que realmente dicen algo. Estamos convencidos de que, sen a palabra, non existiría sequera a vida. No Xénese, Deus tivo que usar palabras para que se fixera a luz. Podes pasar de ser feliz a infeliz só por palabras.”
Os perceptores das axudas non son estudiantes ou aprendices, senón escritores profesionais que suman a este diñeiro os ingresos polos dereito de autor,

Premio "Biblioteca pública y compromiso social"

Un premio outorgado pola Fundación Biblioteca Social que atende a esa faceta da biblioteca como ámbito de inclusión, como compensadora de desigualdades de orixe, como promotora da igualdade de oportunidades.  
Na primeira convocatoria ganouno a Biblioteca pública Bon Pastor dun barrio de Barcelona.
Na segunda foi para a biblioteca de Cambados.
Na terceira recaeu na Biblioteca Pública Eugenio Trias -Casa de Fieras de El Retiro. Pero quermos destacar que quedaron finalistas os proxectos "Voluntariado cultural" da Biblioteca Pública Municipal de Verín e tamén "Nunca é tarde!" da Biblioteca Municipal Ágora de A Coruña.

venres, 24 de marzo de 2017

Libros sobre refuxiados con ilustracións que se subastan

Unha subasta dos orixinais das ilustracións de Alfonso Ruano para o libro Somos como las nubes fainos pensar...
Os beneficios irán a parar ao proxecto IBBY / Reforma, para axudar aos nenos/as e mozos/as en situación de crise, que chegan a EEUU dende os seus fogares en Centroamérica e que se atopan atrapados sen saber se serán deportados ou se lles vai a permitir quedarse. Así o explican.
O libro está escrito polo poeta salvadoreño Jorge Argueta, refuxiado da guerra do Salvador nos anos oitenta. Nela describe o proceso que leva a esta rapazada a emprender esa aventura, baixo un enorme risco e dificultades extremas.

xoves, 23 de marzo de 2017

Concursos sobre libros aproveiritando a tecnoloxías


A Editorial Galaxia lanza estes días a primeira edición do seu Reto Lector, destinado a fomentar a lectura en galego entre os máis novos. Poderán presentarse ao premio as rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos. Para iso,  só terán que enviar ao correo electrónico ­galaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se da conta da lectura de dous libros editados pola Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria.
Os vídeos non poderán exceder de dous minutos de duración, nos que  rapazada debe comentar o contido da obra, así como os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura.
Un xurado composto por quince nenas e nenos de entre 12 e 16 anos será o que valore as propostas, fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.
E canto aos premios. A gañadora ou gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial Galaxia para os cinco seguintes clasificados. O prazo de entrega dos vídeos estará aberto ata o día 31 de maio, e o fallo do xurado farase público o 12 de ­xuño.
Con esta iniciativa, Editorial Galaxia pretende fomentar a lectura en galego entre un sector clave da nosa sociedade: os adolescentes.
Unha vez máis, son os propios axentes editoriais (igual que noutro caso fora a fundación dun autor) os que valoran a aparataxe por riba dos propios libros, ao entregar un Ipad sen libros no primeiro premio.  

mércores, 22 de marzo de 2017

Ilustradores galegos na feira de Bratislava

 
Cada dous anos celébrase en Bratislava a Bienal de Ilustración. A OEPLI, como sección española do IBBYselecciona, entre os 35 ilustradores/as que se presentaronse a 15 con 24  libros de recente publicación.

BIBIANA é o nome desta exposición internacional de ilustracións de libros para rapazada e mocidade, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembre e outubro. Ademáis da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas na ilustración de libros para a infancia e mocidade.
Neste marco, un xurado internacional concede os siguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazáns de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha.
Gústanos ver, aí, a Xosé Cobas, Xan López Domínguez, Minia Regos e Marina Seoane.  Estas dúas mulleres son autoras de carteis de bibliotecas escolares.