xoves, 23 de marzo de 2017
Concursos sobre libros aproveiritando a tecnoloxías
A Editorial Galaxia lanza estes días a primeira edición do seu Reto Lector, destinado a fomentar a lectura en galego entre os máis novos. Poderán presentarse ao premio as rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos. Para iso, só terán que enviar ao correo electrónico galaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se da conta da lectura de dous libros editados pola Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria.
Os vídeos non poderán exceder de dous minutos de duración, nos que rapazada debe comentar o contido da obra, así como os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura.
Un xurado composto por quince nenas e nenos de entre 12 e 16 anos será o que valore as propostas, fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.
E canto aos premios. A gañadora ou gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial Galaxia para os cinco seguintes clasificados. O prazo de entrega dos vídeos estará aberto ata o día 31 de maio, e o fallo do xurado farase público o 12 de xuño.
Con esta iniciativa, Editorial Galaxia pretende fomentar a lectura en galego entre un sector clave da nosa sociedade: os adolescentes.
Unha vez máis, son os propios axentes editoriais (igual que noutro caso fora a fundación dun autor) os que valoran a aparataxe por riba dos propios libros, ao entregar un Ipad sen libros no primeiro premio.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario