xoves, 30 de marzo de 2017

Nova colección de literatura infantil e xuvenil


Santillana, baixo o selo de Edicións Obradoiro, acaba de estrear unha nova colección de literatura infantil e xuvenil  galego: Oqueleo. 
Fíxoo onte, no teatro Principal de Compostela. Co xornalista Luís Pardo e autores como Xabier P. Docampo e María Canosa ao lado da escritora, contacontos e muller de teatro Paula Carballeira, e acompañados na música con Ses.
Unha presentación memorable para darlle a benvida a unha inciativa moi agardada e necesaria.
22 títulos para lembrar aos nosos creadores, para apoiar o idioma, para abrirlles portas a outras linguas...  Dende a primeira semana de abril estarán dispoñibles os primeiros quince títulos, entre os que se inclúen libros de María Canosa, Paula Carballeira, Gloria Sánchez, Concha Blanco, Ana Rosseti, Xoán Dobarro, Marica Campo, María Isabel Molina, Michael Ende, Susan E. Hinton, Santiago Jaureguizar e o dúo Goscinny-Sempé. A partir da segunda quincena chegarán os sete restantes, obras de Xabier P. Docampo, Gloria Sánchez, Xabier Estévez, Héctor Cajaraville, Manuel Núñez Singala e outros títulos de Michael Ende e Jaureguizar. Como vemos, creacións propias en galego e traducións
Unha festa da literatura porque somos o que lemos e o que vivimos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario