Un monstro vén a verme de Pactrick Ness, a partir dunha idea orixinal de Siobhan Dowd é un libro que nos atrapa, máis se temos en conta que a película baseada nel acaba de conseguir o Goya a mellor dirección, mellor música orixinal, mellor dirección de produción, mellor montaxe, mellor son, mellores efectos especiais, mellor maquillaxe e perruquería, mellor dirección artistica e mellor dirección de fotografía; resúltano a película máis premiada.
O libro, publicado por Factoría K de Kalandraka, con tradución de Xesús Fraga, chega no mellor momento para que o lean aqueles que aínda non accederan a el. Comenta o autor, que este ía ser o quinto libro de Siobhn Dowd, pero a morte adiantouse; xa tiña definidos os personaxes, o argumento e un comezo... pero Ness non quería imitar a súa voz, por iso deixou que esa boa idea fixera agromar outra para escribir un libro que lle tivera gustado ler a Dowd.
En terceira persa pero centrado no rapaz que protagoniza a historia, vaise contando como se suceden os días e as noites nas que o monstro vén a velo, a partir do tempo no que súa nai se pon enferma A pesar do optimismo e esperanza que trata de conservar, vese que vai caendo por un pozo do que vai ser imposible saír. O rapaz ve o gran teixo que acompaña a igrexa no alto do outeiro e soña cada noite... ata que o teixo o obriga a dicirse a verdade, aquela que tenta tapar todo o tempo.
Unha novela triste, con bágoas incluídas... pero así é a vida e a morte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario