venres, 20 de outubro de 2017

Un novo concurso de relato

A verdade é que todo o que signifique lembrar aos nosos escritores (especialmente a aqueles que estiveron máis comprometidos coa nosa literatura) sempre nos parece ben. Pero hai "cousas"que non poden deixar de dar pena, como as oportunidades perdidas.
Neste país vai habendo concursos de narrativa... algunhas persoas incluso din que xa son de máis. A min nunca me sobran. 
O que non hai son certames nos que se promova o teatro, a poesía, a banda deseñada ou o libro informativo infantil, e bótanse moito de menos, ata o punto de que nos entra a dúbida de que é o que pasa pola cabeza das persoas que realizan as convocatorias. Se miramos os datos da cantidade de libros publicados de cada un destes xéneros veremos que hai unha gran desproporción e que estas desigualdades, sempre que sexa posible, hai que tentar compensalas, e unha da maneiras de facelo é coas convocatorias de premios. Revisemos ese dato e sintamos vergonza. Se quitamos os do AGADIC para o teatro, tiñamos os premios Estornela de Teatro e Arume de Poesía da Fundación Neira Vilas que se alternaban cada ano... non sabemos moi ben que pasou pero semella que a convocatoria do premio Xosè Neira Vilas de Novela Curta mantén aos outros dous ou ven no faiado da casa ou ben desaparecidos. Agora aparece un premio Agustín Fernández Paz de relato curto e xa aparecera un co mesmo nome do autor de narrativa pola igualdade...
Que nos está a pasar?

domingo, 15 de outubro de 2017

Un novo Astérix en galego

Está a piques de saír á rúa a nova entrega desta banda deseñada de culto. Será da man de Xerais e o seu título Astérix en Italia 
Apaece en galego ao tempo que o fai en francés e noutras linguas.
Con guion de Jean-Yves Ferri e debuxos de Didier Conrad, os mesmos autores responsables de Astérix e os pictos e O Papiro do César
Aparece en galego ao tempo que o fai en francés e noutras linguas.  
Só nos cabe a pregunta: 
Quen normaliza? 
Van a seguir, esa correa de esforzo, os mediadores?
Ogallá!!!!!!!

sábado, 14 de outubro de 2017

GALIX e o Salón do Libro de Pontevedra convocan concurso cartel

O Salón do Libro e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) convocan, por primeira vez, o Premio Internacional de Ilustración, para o cartel que servirá para anunciar o próximo Salón "Mulleres de conto".
Este premio está dotado don 3.000 euros para a obra ganadora. 
As bases poderán consultarse na web www.salondolibro.gal e no blog de GALIX.
O prazo para presentarse é dun mes.
Así que, mans á obra!  

sábado, 7 de outubro de 2017

Dous libros galegos nos White Ravens

A prestixiosa lista dos Corvos Brancos da Biblioteca de Múnic recolle dous libros galegos nesta convocatoria.
Trátase de Ollos de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, un libro de coñecemento editado por Faktoría K de Libros, e Verne e la vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas. No libro de Ledicia sorpréndenos que sexa a versión en castelán,publicada por Anaya, a que aparece recollida. Ata aí chega a nosa diglosia?
Dos títulos de gallegos entran en 'The White Ravens', entre las mejores obras de literatura infantil y juvenil del mundo

'Ollos' de Xulio Gutiérrez (texto) y Nicolás Fernández (ilustraciones), editado en 'Faktoría K de Libros', y 'Verne y la vida secreta de las mujeres planta', de Ledicia Costas (texto), Anaya. Ledicia Costas recibió el prestigioso premio Lazarillo en 2015 y en esta obra conecta historia, fantasía y una dosis de nostalgia, a través de un colorido lenguaje mediante el que transporta a los lectores al final del siglo XIX, contando la estancia de Julio Verne en la ciudad de Vigo en 1884.

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-dos-titulos-gallegos-entran-the-white-ravens-mejores-obras-literatura-infantil-juvenil-mundo-20171006152105.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

xoves, 5 de outubro de 2017

Premios Nacionais de Literatura Infantil galegos

E van seis...
Primeiro fora Paco Martín en 1986 con Das cousas de Ramón Lamote, e logo, foron chegando os demais:
Xabier P. Docampo en 1995 con Cando petan na porta pola noite 
Fina Casalderrey en 1996 con O misterio dos fllos de Lúa
Agustín Fernández Paz en 2008 con O único que queda é o amor 
Ledicia Costas en 2015 con Escarlatina a cociñeira defunta
E agora, en 2017, Antonio García Teijeiro con Poemar o mar.
Entrou a nosa poesía nos Premios Nacionales de LIX; non podía ser menos nas terras de Rosalía.
Alguén vai a seguir pensando que non estamos ao nivel das demais literaturas?

mércores, 4 de outubro de 2017

Pois si, Antonio García Teijeiro, é o novo Premio Nacional de Literatura Infantil co seu libro Poemar o mar.
Un lbro do que falaramos neste blog hai uns meses.
Un libro de poesía moi logrado no que as ilustracións tamén merecían outro Premio Nacional, neste caso o de ilustración, para Xan López Domínguez, que continúa a traballar no seu estilo pero introducindo e limitándose a unhas tonalidades que lle achegan á obra un ton antigo.   
Parabéns a Antonio García Teijeiro, un autor de noso que xa conta con premios e recoñecementos a nivel internacional. Parabéns a Xerais pola magnífica edición deste libro. E parabéns para toda  literatura galega.
Quen dixo que non somos unha potencia?
Sómolo, a nivel creativo e de empeño, pero necesitamos apoios de quen ten esa encomenda. A que agarda?

venres, 29 de setembro de 2017

Novo cartel de bibliotecas escolares

Como todos os anos, as bibliotecas escolares de Galicia estrean novo cartel. O deste ano correspondeulle a Xosé Tomás e xira arredor da Filosofía. "Aprender a pensar na biblioteca escolar" é o seu lema.
Os anteriores: "Biblioteca escolar. Servidor Central", "Biblioteca escolar. Espazo de lecturas", "Biblioteca escolar. Un mundo de oportunidades", "Biblioteca escolar. Última xeración", "Biblioteca escolar. Acelerador de Innovación",  "Ler ciencia na biblioteca escolar", "Biblioteca escolar. Matemático!", "Biblioteca escolar. Base de exploracións", "Biblioteca escolar. Territorio das Artes" foran realizados por Manuel Lariño, Miguelanxo Prado, Marina Seoane, Enma Ríos, Andrés Meixide, Patricia Castelao, David Pintor, Fran Bueno e Minia Regos. Unha boa morea de profesionais que demostra o bo facer dos nosos ilustradores e ilustradoras.
Así se presenta:
"Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir."
NON SE PODE DICIR MELLOR!