mércores, 20 de xuño de 2018
"Página 2": premio ao fomento da lectura na Feira do Libro de Gijón
O xornalista cultural Óscar López que acompañou ao profesorado e alumnado galego comprometido nos clubs de lectura, nas X Xornadas de Clubs de Lectura, acaba de recibir un premio.
Leva máis dunha década falando de libros e autores/as na pequena pantalla, no programa no programa que dirixe e presenta: "'Página 2".
A Feira do Libro de Gijón quixo recoñecer a labor deste profesional co primeeiro premio al Fomento de la Lectura.
De vez en cando pasan estas cousas, hai programas culturais na televisión, bos programas, e hai xente capaz de darse conta e premialos. Parabéns, non só para Página 2 senón tamén para a Feira do Libro de Gijón.
domingo, 17 de xuño de 2018
"Nós pensamos que o imposible é posible"
Esa ("Nós pensamos que o imposible é posible") é a frase de Ariel Dávila y Christina Ruf cando poñen en marcha Utopía (una experiencia interactiva para bibliotecas na que o usuario é protagonista).
É a volta a Fahrenheit 451 de Ray Bradbury. Un par de persoas van a intentar conseguir o libro que salve a biblioteca mentres a coñecen palmo a palmo. Unha boa formación de usuarios metidos en plena aventura.
Din os autores da iniciativa que quixeron poñer o foco en algo positivo nun contexto local, nacional e global que senten un tanto desolado. A idea da biblioteca como illa utópica onde se garda a memoria onde podes entrar e estar libremente sen que ninguén che trate como consumidor ou cliente senón como usuario dun servizo público.
Pois si, trátase de ir á busca do público activo e arredor dos textos utópicos.
Ver toda a infrmación no seguinte enlace.
mércores, 6 de xuño de 2018
Constelacións literarias I. Nenos libres de rol e estereotipo
"Outras masculinidades, máis alá do alfa. Novos modelos".
Unha pequena degustación, para recoñecelos e sentirse máis próximos.
xoves, 31 de maio de 2018
Constelacións literarias I. Mulleres que buscan a igualdade. Darlle a volta aos contos
Na busca da igualdade, hai veces nas que toca darlle
a volta ás historias, escribilas doutra maneira para que non sempre lle toquen os mesmos roles e estereotipos ás mulleres. Si, ás veces hai que reescribir os contos populares e moitas outras cousas.
Éranse
dúas veces os tres porquiños
Éranse
dúas veces Pinocho
mércores, 30 de maio de 2018
Constelacións literarias I. Muller e igualdade. Relacións interxeracionais
Gustamos da mestura, de todo tipo de mestura.
Gústanos a policromía, todo tipo de froitos e flores,... e gústannos as relacións interxeracionais, como as que aparecen nestes tres botóns de mostra, na voz das mulleres para contar historias de avoas e netas.
venres, 25 de maio de 2018
Constelacións literarias I. Mulleres pola igualdade. Diversidade sexual
Diversidade sexual.
Non todos somos da mesma cor.
Hainas que gustan do chocolate e outros prefiren o café.
A estas alturas podemos falar de heterosexuais, homosexuais, transexuais...
O importante é que cada unha, que cada un, estea con quen queira, en pé de igualdade, respectándose.
xoves, 24 de maio de 2018
Constelacións literarias I. Mulleres pola igualdade. Nai e pai
Nai e pai son as figuras fundamentais nas que se miran as criaturas, de aí a súa importancia á hora de mostrar uns modelos abertos e non limitados.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)












