luns, 20 de xaneiro de 2020

O libro que acadou o XII Premio Raíña Lupa de LIXG

An Alfaya conseguiu o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil Galega con O Grupo, unha novela xuvenil que presenta este texto na contracuberta "Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto físico, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de  desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? 
Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes qiue viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, máis a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito trestemuñal amosando a súa vulnerabilidade.
Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo. 
Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya" 
Pode ser que teña unhas gotas de "boísmo" que non acostuman aparecer na vida real, pode ser que responda directamente ás necesidades de atención á diversidade e desigualdade que andan a pairar entre nós, pode ser... pero seguramente prende nos lectores e lectoras; atende aos máis vulnerables, facéndoos máis visibles e enfrontándonos a esas situacións que andan polas mesmas rúas pedindo a berros un pouco de atención.  
A novela está publicada por Xerais na colección Fóra de xogo.

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Teatro, BD e algo máis

  
 A viaxe de Burhan de Xoán C. Riobo, ilustrado por Julia Abad e publicado por Fervenza Edicións na colección A Pinguela. Esta colección e editorial seguen a publicar teatro a pesar de todas as dificultades, agora mellorando as cubertas con algo de cor.  A obra sábese escrita por un especialista en teatro, director e dramaturgo, organizador de mostras e membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro. Xa estreada, dedicada á memoria de Sito Parada e escrita para ser representada con bonecos e actores/actrices. Unha historia que se resume desta maneira "Siria está en guerra. Burhan, un rapaz soñador, quere marchar do seu pobo para atopar ese lugar utópico de liberdade. Despídese da súa amiga Hilâl que, aferrada ao lugar que a viu medrar, non quere marchar. Os camiños convértense en fileiras de persoas que migran. Os cans da noite axexan e rouban ao que non ten. Fame, soidade, desesperación. Cando parece que todo está perdido, Burhan coñece a Nadima. Namóranse e xuntos proseguen a súa viaxe por mar cara a occidente..." pero os problemas continúan ata que o protagonista volve ao seu pobo e xunto á súa amiga. Un comezo magnífico coa introdución de dous personaxes (SI e NON) que nos contextualizan a historia; unha historia que costa traballo seguir lendo cando chegan os malos tempos cos relatos que vemos nos telediarios e nos "saturan" no peor sentido da palabra, pero o autor busca iso, que lembremos, que saibamos, que non miremos a outro lado... Ao lado, as palabras que nacen nos versos de Rosalía acaen como anel ao dedo, porque os desgraciados do mundo están aí, en calquera tempo e calquera pel.
Luzbell. O demo bombilla de Diego Rosales e Xosé Tomás, aparece en formato álbum (publicado por Galaxia) despois de nacer no congreso Pé de imaxe (a mediados dos noventa), pasando pola revista Gofiño, a páxina dominical do diario El progreso e no Diario de Pontevedra.
O mal e o ben, o ceo e o inferno,  Deus e o demo, os anxos, o crego que xoga a partida co demo... Luzbell (o demo demo), Vatio (secretario), Al-Kalina (moza, batería), Deus (por todos coñecido), Oliverius (párroco), Slurp (Norferatu)... Todos eles observando a maldade que tamén anda polo ceo e entre os humanos.
Historias divertidas que lle dan unha nova volta á Historia Sagrada, ás referencias bíblicas para traelas á actualidade e botar unhas risas porque non é ouro todo o que reluce nin as cousas son brancas e negras... e se non que o diga o cura.
 

venres, 17 de xaneiro de 2020

Novidades diferentes: Guindastre Edicións

Supremas de Xan Eguía ven sendo un inventario de mozas mitolóxicas porque " É certo que existen deusas e outros personaxes femininos fascinantes, pero parece que os mitos os escribiron os homes. Porque nos nosos días a maneira de escribir historias aínda se parece moito á de outrora, e mesmo os heroes de ciencia ficción seguen sendo mozos. Ou xa non? Os tempos cambian, e cada vez hai máis heroínas nas novelas, películas e cómics." Xan Eguía recolle todas as personaxes femininas da mitoloxía pasada e do presente creado a través dos videoxogos, películas, novelas, cómics... Xúntaas nun ramallo e preséntanolas creando un relato informal, case familiar, que comeza con Friff (a deusa viquinga da fertilidade, o amor, o fogar, o matrimonio, a maternidade e a sabedoría) e remata con Daenerys Targaryen, a princesa que rexurde do lume, en Xogo de tronos. 
Publicada por Guindastre Edicións, con códigos QR ou entrando na páxina da editorial para escoitar as músicas.
Cóntasenos a historia dun equipo de baloncesto desde diferentes voces: a do narrador ou narradora e a de cada un dos rapaces e rapazas que forman parte do grupo ata chegar á do estraño adestrador que substitúe ao pai dun deles enfermo.
Neste caso, o libro con CD vese transformado en libro con enlace, a historia coa música e o engadido do deporte.
Por certo, chama a atención o feito de que nin ese rapaz non o narrador nos explique algo máis polo miúdo esa enfermidade porque semella que o único que importa é o asunto das xogadas, a preparación de cada un dos xogadores e xogadoras e o cambio no funcionamento do equipo. Iso é o que fai que o libro se limite despois de ter inventado (ou son reais?) cada un dos personaxes, poñendo a historia ao servizo dun obxectivo.

luns, 13 de xaneiro de 2020

Cando o protagonista é o grupo





O misterio do torques de Burela e Os peloteiros teñen iso en común, repartir o protagonismo entre o grupo de rapaces e rapazas que andan a medrar. O primeiro deles, da autoría de Antía Yáñez) retoma aos catro irmáns e un can, todos eles especialistas en resolver misterios e convencidos do seu poder indagador, despois de ter pasado pola aventura anterior en O misterio de Portomarín. O segundo, de Patricia Mallo, dálle a voz a Xurxo para que nos conte a aventura do verán pasado cando ha de montar un equipo de fútbol cos tres sobriños (dous xemelgos e a irmá maior, Emilia), a amiga de Emilia que adora este xogo, o fillo da alcaldesa e o seu súbdito e seguidor ata a morte; sete xogadores que deben perder porque o partido debería estar amañado pero sen saber como van ganando. 
Por que aparecen estas dúas novelas xuntas? Porque están ben contadas, co humor e os ingredientes necesarios para que o relato corra e vaia atrapando ao lector e lectora, personaxes ben debuxados, ritmo no relato, unha historia que contar...
Incluso, ambos están ben ilustrados, Os peloteiros da man de Dani Padrón, co acerto dos personaxes centrais, O misterio do torques de Burela por Kristina Sabaite cun punto simbólico nalgunha delas, o selo propio nos animais e paisaxes evocadoras. 
Dúas escritoras, unha delas poñendo en marcha unha serie arredor dunha familia numerosa con can e outra seguindo unha estela de criaturas: Os Cabezombis, Os Fantom e Os peloteiros.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Máis novidades editoriais de Alvarellos e AIRA Editora

Queres ler un libro comigo?  Escrito por Lawrence Schimel e ilustrado por Thiago Lopes. O neno vai preguntando quen quere ler o seu libro con el, todos teñen traballo e pospoñen a lectura, só quedou sen ser preguntado o cego e xustamente el é que está disposto a que llo lea. Porque non hai quedar nada por suposto, porque compartir unha lectura enriquece o libro e a nós, porque nos dá ideas para acerca de próximas lecturas, porque un libro sobre libros sempre é boa cousa...
Quero peixe! de Áslaug Jónsdóttir con tradución de Lawrene Schimel coa supervisión de Quique Alvarellos. Por inesperado non o cren ou simplemente non a escoitan. Érase unha nena que quería peixe e así o berraba, a cambio, os adultos íanlle agasallando libros sobre peixes, bonecos que representaban peixes, debuxos, roupas con peixes pintados... ela insiste e cando por fin caen na conta de que quere comer peixe, todos sobn felices e ela máis que ninguén.
Na colección Verdemar, Alvarellos conta con dous libros en galego orixinalmente, o de Helena Villar  Contos do sol e da lúa que resultou ganador do premio Frei Martín Sarmiento 2017 e consta de sete contos que defenden os valores cívicos (solidariedade, igualdade, integración das diferenzas, coidado do medio natural) e no que as historias fantásticas alternan coas realistasmo. 
O outro libro, escrito orixinariamente en galego, é A raíña das tortas de Alex Mene con ilustracións de Blanca Crespán; un neno que cociña repostería coa nai e practica aquilo ao que se quere dedicar cando sexa grande: a electricidade.
Recollemos da presentación editorial:
"Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.
No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido. Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades."

martes, 7 de xaneiro de 2020

Novidades editoriais. Alvarellos



cando o teñas nas mans.Había unha vez un neno de Dub Leffler, traducido por Marta Pérez e Quique Alvarellos coa supervisión de Maria Reimóndez. Di o autor: "Escribín Había unha vez... para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos –igual que as nenas– e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non
De Isha Bottin, con ilustracións de Gaspard Talmasse e tradución de María Reimóndez
Así se presenta: "É a historia dunha familia reconstituída que cambia de país e mesmo de continente. Fillos de dous matrimonios que, xuntos, viven primeiro conflitos ou desencontros, pero que axiña buscan un camiño común. O relato mostra a ledicia de descubrírense, de xogar xuntos e de saber que a harmonía e o amor poden xurdir se somos xenerosos e estamos abertos aos demais." Familias diversas nas que a aparición da parella da nai trae aparellada tres novos irmáns e, da necesidade nace a virtude!
A miña profe é un monstro. Diso nada! de Peter Brown traducido por Marta Pérez e Quique Alvarellos.  
En que quedamos? Pois que é distinta ra rúa e na escola, porque non sempre podemos mostrarnos como realmente somos. Cando o protagonista da historia coincide un día no parque coa profe á que teme fanse amigos e pásanos moi ben pero... ás veces os monstros non son o que aparentan.
A promesa do cabezolo de Jeanne Willis con ilustracións de Tony Ross e tradución de Marta Pérez e Quique Alvarellos. Dous animais coinciden na charca cando son larvas (de rá e da bolboreta), namóranse, pero conforme van medranda algún deles cambia demasiado para o gusto do outroque acaba facendo algo tremendo... Un final inesperado e contraditorio. Un libro que che sorprenderá
pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes triste.” Pois si, unha historia triste, dun neno que vive só nunha illa ata que aparece unha nena que toma poesión de todo o seu, o neno déixalle pero avisa que non colle o que hai debaixo da cama, pero ela faino e rómpelle o corazón... menos mal que o poden solucionar doutra maneira, ou non?