Para o Día de Rosalía...
Sinto a publicidade comercial, os prezos... pero realmente hai moitos materiais interesantes para coñecer e está ben darlle divulgación (neste caso)
luns, 24 de febreiro de 2020
sábado, 22 de febreiro de 2020
Novidades doutra editorial (continuación)
Conto da Travesía das Musas de Joâo Pedro Mésseder, con ilustracións de Raquel Senra, traducido polo profesor Anxo Tarrío.
Da presentación editorial:
"Travesía das Musas: unha rúa estreita, nun barrio vello e pobre dunha antiga cidade. Nin merecía que lle chamasen rúa, só travesía. Pero neses lugares é onde se agochan, ás veces, a aventura e o desexo de liberdade de quen se sente só e preso. Ademais, as Musas son as inspiradoras da poesía, dos poetas… E, naquela pequena rúa, había poesía e diversión no aire. Xan parecía respiralas. E os seus veciños tamén"
Morriña de Paula Ventimiglia. Sen palabras, porque non fan falla, porque morriña é o tes cando te vas, un sentimento de perda que che fai volver a vista atrás.
mércores, 19 de febreiro de 2020
Literatura xuvenil, novela negra, matemáticas...
Tes catorce dezaseis de Rocío Leira, publicada na colección Fóra de xogo de Xerais, foi finalista do premio Jules Verne.
Presentación editorial: «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o
profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá
que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están
a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha
enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver
os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes
cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse
cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte
da historia das matemáticas. Comeza o xogo!"
Como en calquera novela negra... a historia non é o que parece, o asasinato perfecto é o que dirixe a investigación e a culpa cara a un asasino falso e a inocencia está cargada de crueldade. Unha historia plagada de enigmas matemáticos que espertan as ansias por xogar e seguir xogando. Unha historia situada no campus compostelán que seguimos dende a biblioteca Concepción Arenal á facultade de matemáticas, o comedor universitario ou a comisaría. Pode ser unha entrada á clases de lóxica matemática, pero sobre todo vai ser unha incursión ao mundo negro da tolería e os xogos detectivescos, á personalidade humana e as súas debilidades.
Da autora de Universo Pitágoras, especialista en matemáticas que pode levar con moi bo tino as historias a ese campo.
luns, 17 de febreiro de 2020
Máis novidades
Non trabes na lingua de Antón Cortizas. Di a presentación editorial:
"A lingua hai que coidala, e non trabar nela, porque é un ben grande que temos" E Cortizas fai o que mellor sabe: xogar coas palabras "para trabarnos no corazón". Non estou tan segura de que chegue ao corazón... pero é cuestión de xogar con elas e ver o que pasa.
Unha descuberta a música co libro ou o libro con música. Libro + CD. En época de crise hai que buscar maneira s de sobrevivir e esta foi unha delas, especialmente para as xente que fai música qwue non é pouca no país. Este foi un dos campos nos que máis se avanzou,a s clases de conservatorio en cidades e vilas fixeron o seu traballo. De cando se fixo da necesidade... virtude.
Oviravai son Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez. Eles fan todo: tocar, ilustrar e, sobre todo, crear música. A iso se dedican, nalgúns casos dende hai décadas e polo mundo adiante. Son veciños de Vigo e de porta, así que case que se pode dicir que ensaian no portal do edificio no que viven. As andanzas de Paio é o seu primeiro traballo na colección Sonárbore de Galaxia e Paio e o poder da música.
domingo, 16 de febreiro de 2020
Libros para tempos de infancia
O lobo de area
de Asa Lind e María Elina Méndez con tradución de Antón Lado.
Unha escrita poética para unha historia lírica. Unha nena vive cos pais nunha casa á beira da praia, cando se aburre baixa á area e alí atópase co lobo de area. Conversas marabillosas.
Leamos o final para descubrir a tmosfera:
"A avoa chiscoulle un ollo a Zackarina, agarrouse ben ao bastón e comezou a andar para a casa.Zackarina correu en sentido contrario, cara ao mar e onda o Lobo de Area. Aínda seguía deitado na area, deitado coma unha toalla ao sol.
-Coñeciches a alguén que se hamase Brita? -preguntoulle-. Hai moito tempo, moito, moito tempo atrás?
-Por suposto que coñecín a Brita -dixo o Lobo de Area-. Pero non foi hai tanto tempo.
-Ela era a avoa da miña avoa -dixo Zackarina.
-Xa o sei -dixo o Lobo de Area-. E ti es a súa tataraneta.
-Ela era unha nena -dixo Zackarina-. A pesar de ser aínda máis vella ca a miña avoa vella. Podes imaxinalo?
-Si, claro que podo -dixo o Lobo de Area-. Pero podes imnaxinar que tamén ti es unha avoa vella. Aínda que polo momento...
Zackarina non oíu o último, porque xa marchara e estaba intentando alcanzar á súa avoa engurradiña e que camiñaba co seu tac, tac. Pero o Lobo de Area quedaba deitado ao sol, cos ollos pechados e pensando na pequena tataravoa Brita e na vella tataraneta Zackarina, e nun colar coas perlas máis fermosas do mundo. Un colar que non remataba nunca."
Unha ilustracións, tan evocadoras coma o texto, especialmente as da nena e a paisaxe.

sábado, 15 de febreiro de 2020
Poesía con ilustración
Pablo Otero publica en Facoría K Rizomas: Parece unha formiga
Coñeciamos o autor como ilustrador de obras como A raíña de Turnedó, Contos ao teléfono, A cociña de Toto Murube, Mateo, O príncipe das sombras, ABCdiario, Rato Pincho, Deseñadora de hora en hora...
Di a presentación editorial: "Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental... Este libro de textos ilustrados quere contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o aire que respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel". O autor defíneo como unha gran pregunta.
Unha cata:
Ser un xesti.
Un xesto pequeno que presta mirar.
Como cando ti recolles o cabelo
e eu penso en madeiras.
E hai unha fogueira no mar con xente
que baila baixo os astros.
E, nese intre, podería sentir a noite dos minerais,
sentir os ósos da balea dende o interior.
E ver o mundo como foi hai oito mil anos,
hai dezaseis mil anos,
hai trinta e dous mil anos"

mércores, 12 de febreiro de 2020
Poesía
Un libro especial de nova poesía onde a lírica contén a misterio.
Faise real aquela recomendación de non tentar entender e seguir a lectura na busca do tesouro que ás veces é unha relación entre irmás. A loita contra o esquecemento porque...
"primeiro perdinte entre as mans
agora despréndeste tamén
da miña ollada"
Porque...
"Miña irmá é
un paxaro
que xa non me fala"
Unhas ilustracións magníficas que acompañan os poemas e tamén á autora, pillándolle o expresión máis propia levándoa ata ese adeus que pecha o libro. As tonalidades tan acordes ao texto, ás veces a modo de telas vexetais... deixando a dúbida sobre a cor das cubertas. Texto e ilustración combinándose nese surrealismo que tamén as irmaa. Todo poeta debera ter un libro así ilustrado!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)