sábado, 11 de abril de 2020

Visitar museos dende a casa

 

                                                                                                       Exposición comisariada por Mercedes Rozas


Agora que os museos están pechados, sempre poderemos facer a visita virtual, a través das súas páxinas, e moitas veces poderemos facelo dunha maneira cómoda, con poucos visitantes e podendo observar as obras dunha maneira máis completa.

CGAC, na pestaña de Exposicións podemos acceder aos vídeos de presentación de cada unha das exposición: anteriores, actuais e seguintes.
Por exemplo: Jesús Madriñán. I´m lightFrancesc Torres. CrebasMuseo (do Ermitán) Man e Antón Patiño. Caosmos
Guggenheim na casa: Visita ás exposicións temporais a á permanente

Museo del Prado. Explorar a colección


Museu Nacional d'Art de Catalunya. Itinerarios virtuais
Museo do Pobo Galego. Actividades para enredar na casa. Selección de curtas de animación seleccionadas para nenas e nenos e docuemntais para adultos a través de canle de Vimeo.

Afundación. Cultura en casa
Enlace a todos os museos da Xunta



 

venres, 10 de abril de 2020

Finalistas Gala do Libro 2020... Outros libros infantís

 
 

















En Tradución atopamos o libro de Pippi Mediaslongas que xa conseguiu entrar na Lista de Honra do IBBY como o infantil mellor traducido ao galego.
– Pippi Mediaslongas nos mares do sur, de Astrid Lindgren en tradución de David A. Álvarez (Kalandraka Editora).
En Poesía aparece, de novo. 
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
En Teatro contamos cun libro xuvenil de Núñez Singala e un infantil de Paula Carballeira
– Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (Editorial Galaxia)
– Somos os monstros, de Paula Carballeira (Edicións Xerais de Galicia)
O prirmeiro deles publicado na colección xuvenil Costa Oeste, gardando as mesmas características do resto das obras teatrais deste autor, co humor como centro e motivo principal.
O libro de Paula Carballeira obtivo xa o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.

xoves, 9 de abril de 2020

Finalistas da Gala do Libro 2020.... Outros máis




Das modalidades seguintes recollemos as relacionadas con Infancia e Xuventude
Libro mellor editado
– Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos (Aira Editorial)
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
O Atlas percorre moitas áreas da identidade galega a vista de paxaro.
Olibro de poemas está magníficamente ilustrado e coidada a súa edición.
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– 21 Días co Galego
Unha iniciativa de inmersión do alumnado no galego ao longo dese días.
Proxecto literario na rede
– Kalandraka TV
Unha televisión ao servizo do libro infantil e xuvenil, dende a editorial Kalandraka.


mércores, 8 de abril de 2020

Libros aos que acceder directamente

Eu quedo na casa, un conto de Ramón D. Veiga e Iván R para tempos de confinamento que atopamos en internet, igual que Eu quero saír, un conto de Quero saír!, un conto de Cova Díaz e Nico Ordozgoiti que atoparedes no padlet de GALIX
Trátase de dous libros, un deles da libraría e editora Aira, un cómic para peques titulado Carriandiola
Outro, é un libro que acaba de aparecer co selo de Cooperativa Cultural 7, en formato dixital e semella realizado directamente para ese soporte e estes tempos: Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia
Unha banda deseñada, sempre tan necesarias, entre nós, e un libro sobre mulleres, situado entre Pioneiras e Mulleres bravas da nosa historia, un libro para reivindicar as mulleres galegas que sacaron a cabeza en tempos complicados.

luns, 6 de abril de 2020

Recursos da cidade para o tempo de estar na casa

Compostela queda na casa ofrece alternativas para estar no fogar.
Todos os recursos dispoñibles vinculados a programas do Departamento de Lingua do Concello de Santiago están na súa web: delingua.santiagodecompostela.gal. Actividades para horas de ocio como:
- ATOPANDO COMPOSTELA (atopando.santiagodecompostela.gal). Trátase dun xogo en liña para coñecer a riqueza que encerran os nomes de lugar mentres nos movemos virtualmente polo municipio compostelán. Para xogar en grupo ou individualmente, na casa ou a distancia.
- CONTO VIAXEIRO (contoviaxeiro.santiagodecompostela.gal). Libros dixitais escritos e ilustrados colectivamente dende as aulas dos centros de Santiago, historias en vídeo e máis propostas para facer na casa con nenos e nenas de primaria.
- ENREGUÉIFATE (enregueifate.gal). Destinado á mocidade, co obxectivo de encher a rede de regueifas e, ao mesmo tempo, preparar algunha para a convocatoria do certame deste ano. Tamén están os vídeos dos participantes en edicións anteriores. E para o profesorado que está a traballar co alumnado a distancia tamén se inclúen propostas didácticas.
- YOUTUBEIR@S (youtubeiras.gal). Creatividade audiovisual en estado puro e sen límite de idade. Os saberes, as ideas ou ocorrencias, as creacións musicais... teñen unha comunidade youtubeira en galego. Dende a páxina deste proxecto podedes ver o moito que deron de si as edicións anteriores e ir preparando, mesmo con consellos e titoriais, o material para concursar este ano.
- APEGO (apego.gal). Para as parellas que están agardando un bebé, propoñemos, que visitedes a páxina apego.gal. Nela atoparedes información sobre o ben que lles fai falarlles en galego aos vosos fillos e fillas en galego, dende o berce; e recursos para apoiar a crianza en galego, ademais de propostas de nomes. Os que xa son pais dun cativo ou cativa, a través da sección "recursos" poden atopar arrolos, recitados, xogos, etc. Unha porta aberta a un mundo de propostas, entre as que hai unha ampla selección de música, series, ou ligazóns a páxinas sobre recursos infantís. Todo está en apego.gal/outros-recursos. No apartado de descargas desta páxina pódese atopar unha chea de material para imprimir na casa e usar cos vosos nenos e nenas. Por exemplo, "De como se chaman" inclúe bits para aprender xogando os nomes das cousas do universo infantil e máis unha selección de animais que podemos atopar calquera día de paseo polo noso medio natural. E "Das cousas do tempo" contén os elementos para construír un almanaque diario, co que aprender números, nomes dos días, dos meses, das estacións, o tempo meteorolóxico..., e tamén un pasatempo para ir familiarizándose coas horas e os reloxos.
Departamento de Mocidade
Pola súa banda, o Departamento de Mocidade, a través dos seus perfís oficiais en redes sociais e os perfís do Centro Xove da Almáciga lanzou a iniciativa #CompostelaCreanaCasa para animar á mocidade creativa de Santiago a compartir o seu bo facer en música, poesía, ilustración, pintura; sempre cunha vocación lúdica e formativa. A acción leva en marcha dende o venres e xa acadou máis dunha decena de participacións.
As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Concellería de Mocidade en Facebook , Twitter ou Instagram e enviar o seu vídeo a través de sistemas para compartir contidos como WeTransfer, Dropbox ou Google Drive.
O Centro Xove ofertará diferentes plans, contidos e mesmo cursos durante o estado de alarma. Ofrecen unha proposta diaria con luns culturais, martes de faladoiro, mércores de artes, xoves de encontro e venres en liña, cun curso de iniciación á guitarra incluído. A información sobre todas estas actividades pode consultarse na web centroxove.com, en concreto no apartado #euquedonacasa, pero non sen plan!.
Compostela Cultura
A Axenda C, de Compostela Cultura, difunde semanalmente distintas actividades para todas as idades e gustos. Propostas como Rede musical, con obradoiros e actuacións en directo de distintos artistas, entre as que se atopan gravacións da Real Filharmonía de Galicia e da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Ou como Ler en liña e liñas para ler, unha proposta a través da cal se pode acceder a Galicia le, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico, pertencente á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que permite ler sen saíres da casas.
Outra opción para pasar o tempo de ocio é Palabras en rede, na que se pode acceder a creacións narrativas e poéticas de distintos autores. Dende aquí tamén podes acceder ao salón virtual que puxo en marcha o Salón do Libro de Pontevedra, con contos, cantigas, obradoiros, malabares, kits de supervivencia poética, etc. E aos recursos de kalandraga.tv: contos contados e cantados, vídeos musicais, entrevistas con ilustradoras e ilustradores e animacións de libros.
Outras das iniciativas incluídas nesta proposta é o Festival Atlántica de Narración Oral, con contos para toda a familia dos que e pode gozar a través de Facebook ou Youtube. E os eventos que está a pendurar Hay festival, un dos socios do Auditorio de Galicia no proxecto Wom@rts. Cada día, a organización do certame pon en aberto conversas entre figuras destacadas da literatura mundial.
A cuarta proposta da Axenda C é Na punta do pé, un obradoiro de baile con perspectiva de xénero co que a xente de Ardelloeixo amosa distintos modos de bailar e de pensar o baile. Tamén a través desta canle, podemos atopar Un punto ao día con Luís Prego, unha serie de vídeos nos que este bailarín nos ensina puntos de baile galego, para que vaiamos practicando, o mesmo que outro bailarín, Antonio Prado.
E a quinta proposta vai de cinema. Novo cinema galego, o Arquivo das Novas Prácticas Cinematrográficas na Galicia, o colectivo Crea (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización) e os organizadores da Mostra internacional de Cinema Galego que tiña que celebrarse esta semana, poñen a disposición das familias distintos filmes, así como arquivos con textos académicos e divulgativos sobre o sétimo arte, aos que se pode acceder a través do apartado E ti que ves? da Axenda C. A Axenda C conta cun boletín que informa da oferta cultural da cidade, e no que as persoas interesadas se poden suscribir.
Alguén que respira
O festival de poesía Alguén que respira, organizado polo Concello de Santiago, foi cancelado fisicamente, pero non virtualmente O completo programa de recitais pódese escoitar na web alguenquerespira.gal. Poesía contra a violencia, poesía contra o confinamento, poesía contra a intransixencia ou poesía de confinamento, na voz dos seus propios autores.
Área de Deportes
A empresa Xade, que xestiona o Multiúsos do Sar e o complexo deportivo de Santa Isabel, habilitou na súa web, multiusos.net, o apartado Euadestronacasa, no que as persoas deportistas poden atopar vídeos titoriais de clases en directo, e as familias poden manterse en forma sen saír da casa.

domingo, 5 de abril de 2020

O terror tamén en aberto



Xuvenil e persoas adultas. Terror e misterio. Que só se acheguen os/as osados/as, porque xa o tempo trae terror abondo.
Así nos conta Urco a súa achega:
"Un pequeno gran de area para que todas pasemos estes tempos escuros o mellor posíbel. En colaboración co departamento de deseño de Sacauntos Cooperativa Gráfica decidimos ir “liberando” algúns dos nosos textos máis senlleiros en forma de ebooks de balde que podedes descargar desde o noso web.
Polo momento están dispoñíbeis os seguintes dous:
“A cidade sen nome”, de H.P. Lovecraft, publicado no volume 1 da nosa Biblioteca Lovecraft.
http://urcoeditora.com/titulos/a-chamada-de-cthulhu-e-outros-contos-de-terror-cosmico/
“A pedra negra”, de Robert E. Howard, publicado no volume Relatos de terror sobrenatural.
http://urcoeditora.com/titulos/relatos-de-terror-sobrenatural-segunda-edicion/
Prestade atención ás redes sociais, pois iremos publicando máis a medida que pasen os días.
Como non, todos eles están publicados baixo licenzas libres que permiten a súa difusión e lectura. Daquela xa sabedes, sentídevos libres de espallalos pola rede de redes!”

sábado, 4 de abril de 2020

Finalistas Gala do Libro 2020. Iniciativa bibliográfica




Iniciativa bibliográfica















– Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago)
– Colección Pan de abella, VV. AA. (Apiario)
– Serie Animais Extraordinarios, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández (Faktoría K de libros)

O primeiro dos libros que forma parte da biografía de Castelao e que vai constar de varias entregas a pesar do "peso" real deste primeiro tomo. A biografía recollendo toda a documentación posible "para poder contestar a todas as preguntas que puidera facer súa nai" e tamén, diría eu, para dar por rematada a historia contada do creador da patria.Un empeño colosal por parte do autor, da editorial Galaxia e o Consorcio de Santiago.
A colección Pan de abella que forma parte da editorial Apiario xunto coas coleccións A abella mestra (centrada no que poderiamos chamar didáctica), Cera labrada (libros de poesía), Niño de abella (libro infantil)... Chuchamel (para obxectos) e este Pan de abella (para plaquettes). Estes produtos, igual que os de Cera labrada teñen unha edición e rematado magnífico.
A colección ou serie de Animais Extraordinarios da autoría do biólogo Xulio Gutiérrez e o ilustrador de natureza Nicolás Fernández publicado por Kalandraka, consta dos libros Bocas, Construtores, Nacer, Ocultos, Ollos e Viaxeiros. Libros imprescindibles para rapazada galega que ten un déficit inmenso de libros informativos destinados á infancia