Amosando publicacións coa etiqueta Xenerosidade de editoras e autores/as. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xenerosidade de editoras e autores/as. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de xullo de 2020

Contar os contos

Kalandraka TV é unha canle audiovisual, unha ferramenta de fomento da lectura, un medio de comunicación cultural... e todo o que queirades engadir despois de revisar a súa "programación".
Podemos ir revisando as diferentes seccións, dende os booktrailers das novidades ao Sen fronteiras onde se recollen novas internacionais, pasando por Contos contados para ver na casa, Crónica coas súas reportaxes, Atelier coas visitas aos obradoiros dos ilustradores/as, Actualidade coas súas miradas, Contar e cantar, Onde habitan os libros nun percorrido polos seus lares, Puntos cardinais coas referencias do libro infantil, Dúas olladas co encontro entre autoría e ilustración, Libros para soñar coas lecturas destacadas   Recomendacións e Vídeos musicais. Calquera que coñeza o libro infantil se sentirá feliz de todo o que se achega dende as suas pantallas. 
Hoxe quixera determe nas contadas como esta de Olalla González de Chibos chibóns ou esta outra que fai Ana Abelenda do libro Lúa, Bea Campos de Un agasallo diferente, Paco Nogueiras con poemas de Cantarolas de Neira Vilas e Anisia Miranda.

mércores, 8 de abril de 2020

Libros aos que acceder directamente

Eu quedo na casa, un conto de Ramón D. Veiga e Iván R para tempos de confinamento que atopamos en internet, igual que Eu quero saír, un conto de Quero saír!, un conto de Cova Díaz e Nico Ordozgoiti que atoparedes no padlet de GALIX
Trátase de dous libros, un deles da libraría e editora Aira, un cómic para peques titulado Carriandiola
Outro, é un libro que acaba de aparecer co selo de Cooperativa Cultural 7, en formato dixital e semella realizado directamente para ese soporte e estes tempos: Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia
Unha banda deseñada, sempre tan necesarias, entre nós, e un libro sobre mulleres, situado entre Pioneiras e Mulleres bravas da nosa historia, un libro para reivindicar as mulleres galegas que sacaron a cabeza en tempos complicados.