Flop e o lago de Marianne Dubuc é un álbum ilustrado, traducido por Tamara Andrés e publicado por Kalandraka. Preséntase como "a historia dun pequeno coello e dun lago, en cuxas profundidades se agochan moitos segredos, pero tamén unha gran valentía."
Forma parte da colección Demademora a partir de tres anos.
Hai unha emoción maiúscula, un na que ten sentido pararse e é o medo. Ese que nos salva de riscos pero tamén nos limita non permitindo que cheguemojs a onde poderiamos. Si, no medo ten sentido que afondemos, tal como o fai Flop (o protagonista desta historia). Vai cos irmáns ó lago pero mentres eles se bañan e xogan na auga Flop le e só se atrefve a andar sobre as pedras que sobresaen da auga, non quere nadar, sabe que o lago agacha segredos pero pode caer e non sabe nadar. Nunha ocasión entra no lago (non diremos como) e descobre que pode respirar debaixo da superficie, daquela investiga, descobre unha sombra enorme e tamén que en vez de temela pode ser amable con ela e facerse amigo, descubrir a beleza do mundo subacuático e aplicar a mesma estratexia con todos os seres que poden asustalo... pero isto cóntao dunha maneira ben fermosa con palabras e imaxes.
Será que soñou ou foi real, será que podemos superar todos os medos?
Teredes que lelo e atopar ese outro ser pequeniño que o acompaña nesa viaxe pola auga e o que significa a sombra da que se fai amigo. Porque nos libros para pequenos tamén hai varias lecturas e todas están ao noso dispor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario