Axencia máxica de vetectives é a primeira obra de J. Santoro Gallego e está ilustrada por Ignacio Hernández. Publícao oqueleo.
Así se presenta:"Preguntácheste algunha vez que lle pasa a unha serea cando se arrefría? Ou a un vampiro se ten unha carie? Ou… a unha elfa se rompe un óso ao caer dunha árbore despois de que a súa nai botase toooooda a tarde dicíndolle que non xogue nas alturas?
Pode que no teu mundo non ocorran estas cousas, pero no Val da Fantasía existe unha axencia máxica, dirixida por unha marabillosa veterinaria, medio detective, chamada Vega Vet. Por ela pasan toda clase de seres fantásticos con problemas do máis disparatado."
Contado en primeira persoa pola protagonista, Bega Vet, que vive no Val da Fantasía onde trasnos, dragóns, bruxas, fantasmas, unicornios, elfos, fadas, sereas, vampiros... conviven felizmente cos humanos e son atendidos (cvando teñen problemas) na Fabulosa clínica para animais fantásticos e axencia de monstros superxeitosos (no seu nome completo). Os asuntos son tan especiais que aparecen capítulos titulados O fantasma visible (como invisibilizalo?). O primeiro caso ao que se enfronta esta nena e o seu axudante Bruno Ventuno vai requerir moito empeño de investigación conpaseo pola pizzería e o seu baño, a visita á profesora Elinor que lles axuda a atravesar espellos e a análise no laboratorio da axencia (teñen de todo!) onde descubren que o fantasma tomara uns nutrientes bos para a vista e a partir dese momento todos o ven a el, así que toca tomar uns comprimidos antivitamínicos (que tamén llos dá directamente ela (pois ademais de médica é farmacéutica). O vampiro con dor de cairos é o segundo caso que se lles presenta: un vampiro neno con tanto dor de moas que fala co ceta e a súa nai que se transforman en morcegos sempre que queren. O pequeno de douscentos anos (unha nimiedade para un vampiro) que usa chupete e decidiu facerse vexetariano... de aí virá o problema, duns pasteis que lle prepara un amigo nun laboratorio; neste caso van axudar as tías vampiras e xemelgas do pequeno, e todo resolto cuns novos amigos. O terceiro caso é o do pedante mago Rybka que perde a súa maxia porque a vara que herdou ten un problema... haberá que ler o libro para averigualo! pero xa vedes que cantidade de problemas pode resolver a Axencia Máxica de Vetectives.
O peor é a que a tal Vegavet existe e é unha clínica veterinaria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario