venres, 31 de marzo de 2017

Libros e máis libros



Marta e a píntega de Eli Ríos con ilustracións de Patricia Román, publicado na coección Árbore de Galaxia. 
A difícil relación entre unha nai e a súa filla, faisenos ver apr medio da discusión a pequena promete quedar sen saír do cuarto ata que a lúa sexa triangular, pero despois destas palabras, aparece unha píntega falándolle... porque esa era a clave secreta para entrar noutra realidade na que a nena encontrará a personaxes dos contos. As personaxes dos contos non queren seguir facendo o mesmo unha e outra vez... queren ir saltando duns noutros, actualizandoos, vivindo xuntas. Os inimigos son os príncipes que non queen que cambien nada, os dragóns
Unha lección “A intelixencia colócase detrás para ver e a estupidez diante para ser vista" 
Moitos contos e pode dar para unha adiviñanza permanente, unha idea: non pode ser que non podan ser cambiados os contos, as nais tamén tiveron a maxia da infancia e igual aínda a conservan, a valentía e o humor. A partir dos 10 anos.

xoves, 30 de marzo de 2017

Nova colección de literatura infantil e xuvenil


Santillana, baixo o selo de Edicións Obradoiro, acaba de estrear unha nova colección de literatura infantil e xuvenil  galego: Oqueleo. 
Fíxoo onte, no teatro Principal de Compostela. Co xornalista Luís Pardo e autores como Xabier P. Docampo e María Canosa ao lado da escritora, contacontos e muller de teatro Paula Carballeira, e acompañados na música con Ses.
Unha presentación memorable para darlle a benvida a unha inciativa moi agardada e necesaria.
22 títulos para lembrar aos nosos creadores, para apoiar o idioma, para abrirlles portas a outras linguas...  Dende a primeira semana de abril estarán dispoñibles os primeiros quince títulos, entre os que se inclúen libros de María Canosa, Paula Carballeira, Gloria Sánchez, Concha Blanco, Ana Rosseti, Xoán Dobarro, Marica Campo, María Isabel Molina, Michael Ende, Susan E. Hinton, Santiago Jaureguizar e o dúo Goscinny-Sempé. A partir da segunda quincena chegarán os sete restantes, obras de Xabier P. Docampo, Gloria Sánchez, Xabier Estévez, Héctor Cajaraville, Manuel Núñez Singala e outros títulos de Michael Ende e Jaureguizar. Como vemos, creacións propias en galego e traducións
Unha festa da literatura porque somos o que lemos e o que vivimos. 

Vai de cambiar os contos


Cambiache o conto! de Pinto & Chinto publicado por Xerais. 
Collen os vellos contos (fantásticos, populares, marabillosos) e cámbianos, tal como di o título.
Trátase de 25 contos nos que tes que imaxinar que pasaría...
"Os sete cabritiños e o lobo”, cando o lobo  se ten transformado cos ovos e a fariña e agarda na porta a que se decidan a abrirlle, pasa outro lobo e ...
“Alí Babá e os cuarenta ladróns”, a poli que observa o agachadoro sorprende a Alí Babá, tómao por ladrón e encarcélao, menos mal que... 
Polgariño ponlle un somnífero no pan e chegan á casa seguindo o rastro de...
“A Bela Dormente”, ronca e a bruxa que a enmeigou... 
“A princesa e o chícharo”, ela non durme e ten tan mala cara que o príncipe..
“Os tres porqueiños” aproveitan o soplido do lobo (e soplou e soplou) e chegan a montar ata un...
“O Rei Midas está disgustado” porque cando se volve atrás e pide que desfagan o meigallo a filla...
“A cigarra e a formiga” aprenden ambas de maneira que xa a formaiga canta mentres traballa e a cigarra... “O flautista de Hamelín” cando se negan a pagarlle o que fai é ...
É o sentido común. Os finais semellan saír de forma natural e espontánea tal como eles son. Sinxelamente sen moito esforzo. 

martes, 28 de marzo de 2017

Día do teatro, 27 de marzo

Aínda que con algo de retraso, lembramos o día do teatro e o manifesto que con este motivo se fai público.
MANIFESTO GALEGO DO TEATRO 2017: 
Quen hai aí?
Quen hai aí? Eis a pregunta primixenia coa que chegamos ao mundo. Quen hai aí? É a pregunta que cada función de teatro lanza ao mundo ao que chega. Un mundo como este noso, onde existen mares que son o osario da nosa indignidade; infancias segadas sen apenas ter vivido; mulleres asasinadas polo simples feito de seren; fame; guerra; inxustiza; vidas que valen máis ca outras; vidas que nada valen; vidas que nin vida son…
Quen hai aí? –preguntamos– coma nunha película de terror de serie B, sabendo que, a seguir, algo horrible pasará. Porque, claro, nas películas de terror de serie B á pregunta de “¿quen hai aí?” só contesta o asasino… Tamén nos noticiarios.
Arrepía preguntar, si. Mais seguimos preguntando: quen hai aí? O teatro porfía en saber quen hai nas entrañas da nosa humanidade, quen hai en nós mesmas na nosa soidade, quen hai na outredade que atopamos na sociedade da que formamos parte. Desde o teatro examinamos con minucia o ser que somos, non só para coñecer a verdade que o fai… tamén para transformalo. Esa é a responsabilidade que asumimos cada vez que subimos a un escenario, cada vez que actuamos, sabendo que pode ser un exercicio implacable pero necesario. Necesario para nós, claro… estas xentes entregadas a este oficio que se chama teatro. Ás veces tan desoladas de facer a pregunta de “quen hai aí?” porque con frecuencia nos dá máis dor que alegría. Outras, tan plenas na nosa humanidade porque conseguimos vivir o “Instante”, esa diminuta fracción de aquí e agora na que participamos da comuñón con esa outra eu, case enxergando a resposta da eterna pregunta. Ás veces impotentes, frustradas, cabreadas de lanzar a preguntiña en despachos oficiais porque aí case sempre coñecemos a resposta que imos atopar… ¡e é tan “cansativo”!
Pero porfiamos. Resistimos. Construímos sobre ruínas. Inventamos outros mundos, posibles e imposibles. Saltamos ao baleiro cun ancho sorriso. Resistimos. Porfiamos. Quen hai aí?: é o noso berro de batalla. A nosa declaración de amor máis sentida e murmurada: quen hai aí? Quen?
E xa son milleiros de anos repetindo a pregunta porque facela é necesario. Cada día, ao longo deses milleiros de anos. Necesario. Nós, as xentes do teatro, só mantemos acesa esa chama necesaria. Outras xentes foron as que a mantiveron para nós e son outras as que a manterán cando nós nin recordo sexamos. É a nosa responsabilidade. Asumámola con humildade e amor, con agradecemento de sabérmonos parte de algo tan necesario. Porque podería chegar o día no que ninguén pregunte “quen hai aí?”, podería chegar o día no que esa chama se extinga. E nese día que podería chegar, a humanidade que hai en nós tamén se extinguiría.
E é por iso que o teatro, a cultura, é un dereito humano básico que cómpre defender. Para iso declaramos os dereitos humanos: para garantir a existencia de cada ser humano. Tan simple, tan fundamental e tan necesario: garantir o dereito a vivir co que cada persoa nace. Tan simple, tan fundamental e tan necesario como é saber que o teatro garante a existencia da humanidade que habita en cada ser humano.
Miñas queridas xentes do teatro: resistamos, porfiemos, asumamos a nosa responsabilidade con alegría e amor e sempre, sempre, con esperanza. Preguntemos “quen hai aí?” un día máis e outro e outro máis aínda… Porque nesa pregunta que o teatro propón habita a nosa humanidade.
                                                                                                                      IMMA ANTÓNIO SOUTO

O discurso de García Montero

Cando recolleu o título de Fillo Predilecto de Andalucía, o meirande especialista en García Lorca, defendeu o ensino público fronte á telelixo e o avance do analfabetismo "fachendoso de selo" que se está a poñer de moda como sinal de identidade nas redes sociais.
Falou tamén dos desalentadoras que resultan as enquisas sobre lectura polo orgullo co que se declara o menosprezo pola lectura e a educación.
Rematou referíndose ás "institucións como lugares nos que o privado desemboca no público, o particular no dominio común, o local nun ámbito de convivencia colectiva. Esquecer o valor das intitucións é tan perigoso como afastar as institucións da xente que camiña polas rúas."
Un sabio humanista!
García Montero defiende la educación pública frente al "analfabetismo orgulloso" en redes sociales

García Montero ha lanzado este mensaje durante el acto institucional en el Teatro de la Maestranza de Sevilla con motivo del 28F tras la entrega de los títulos de Hijo Predilecto y de las medallas de Andalucía y antes de la intervención final de la presidenta de la Junta, Susana Díaz. Durante una intervención en la que ha citado a autores andaluces como Luis Cernuda, Federico García Lorca, Ibn Hazm, Rafael Alberti, Antonio Machado o Juan Ramón Jiménez, y que ha sido interrumpida ...

Leer mas: http://www.europapress.es/esandalucia/sevilla/noticia-garcia-montero-reivindica-educacion-publica-frente-analfabetismo-orgulloso-redes-sociales-20170228134156.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.
García Montero defiende la educación pública frente al "analfabetismo orgulloso" en redes sociales

Rememora a Machado citando que "para que una sociedad sea libre no basta con poder decir lo que pensamos, sino poder pensar lo que decimos" SEVILLA, 28 (EUROPA PRESS) El escritor granadino Luis García Montero ha recibido este martes el título de Hijo Predilecto de Andalucía reivindicando la importancia de la educación pública ante el "dominio de la telebasura" y el avance del "analfabetismo orgulloso de serlo" en las redes sociales. Articulo Relacionado Susana Díaz: Andaluc ...

Leer mas: http://www.europapress.es/esandalucia/sevilla/noticia-garcia-montero-reivindica-educacion-publica-frente-analfabetismo-orgulloso-redes-sociales-20170228134156.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.
García Montero defiende la educación pública frente al "analfabetismo orgulloso" en redes sociales

Rememora a Machado citando que "para que una sociedad sea libre no basta con poder decir lo que pensamos, sino poder pensar lo que decimos" SEVILLA, 28 (EUROPA PRESS) El escritor granadino Luis García Montero ha recibido este martes el título de Hijo Predilecto de Andalucía reivindicando la importancia de la educación pública ante el "dominio de la telebasura" y el avance del "analfabetismo orgulloso de serlo" en las redes sociales. Articulo Relacionado Susana Díaz: Andaluc ...

Leer mas: http://www.europapress.es/esandalucia/sevilla/noticia-garcia-montero-reivindica-educacion-publica-frente-analfabetismo-orgulloso-redes-sociales-20170228134156.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

luns, 27 de marzo de 2017

Os peluches animan a ler







Unha nova maneira de promover a lectura entre os máis pequenos.
Son expertos da universidad de Okayama, en Xapón,os que despois dun estudio afirman que os animais dee peluche son colaboradores eficaces na promocón da lectura. 
Unha noite de pixamas na biblioteca. Os peluches durmen entre libros e os nenos pasan pola biblioteca a recoller libros que ese peluches, os mediadores ou eles mesmos escollen... e non só para ler en silencio senón tamén para lerllos aos peluches 
O estudio demostra que aos pouos días deixelles de ter interese a actividade, peor odo cambia se volven a ensinarlles as fotos dos peluches na biblioteca. E os xaponeses din que o estudo suxireque estes programas tamén poden axudar a desenvolver un comportamento prosocial nos pequenos os animalos a ler libros a outros. 
Cantas voltas para algo tan sinxelo!!!!!!
Xa se nos falara tamén da posibilidade de lerlles ás mascotas... aínda que a unversidade non entrara a demostrar nada (polo menos que ós saibamos)

domingo, 26 de marzo de 2017

Bubisher e Sahara

O proxecto Bubisher de bibliotecas y bibliobuses para os campamentos saharauis,segue en pé.
De vez en cando conviña lembralo e botarlle unha man.