xoves, 16 de abril de 2020

O ensaio tamén en aberto

 


Laiovento, a editora especializada en ensaio ofrece libros de balde "para axudar a levar o distanciamento social", así o conta Nós diario.
A editora galega abre a descarga dixital dos seguintes libros:
Os Borbóns: unha monarquía escandalosa de Manuel Monge pasa revista á monarquía española mediante un percorrido histórico e a análise das súas e corruptelas.
Os monos de Laxeiro recolle as viñetas que o pintor ten realizado para a prensa. O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.
A saúde como negocio de Pablo Vaamonde no que se recollen unha serie de artigos de carácter divulgativo que analizan as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia. Os diferentes pasos na devastación dos sistema sanitario: redución dos orzamentos, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...  enmarcados nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.

martes, 14 de abril de 2020

A xenerosidade da cultura galega

Sabiámolo, pero unha vez máis se fai evidente.
Tanta crítica a que era unha cultura subvencionada, cando a subvencionada é outra cousa, sabemos perfectamente o seu nome e quen a acusa (en xeral) ben podía dicir os nomes de quen recibe axudas e para que, incluso neste momento, pois son esas mesmas as que non tiveron o detalle de poñer nada en aberto, de non mostrar a mínima xenerosidade porque realmente non lle interesa nada o que pase coa cultura galega e coa lingua. Elas mesmas se sinalan.
Dende sempre, houbo empresas que se caracterizaron por ter un proxecto de país polo que turrar. Esas están agora agasallando o pouco que teñen, poñendo nas mans da rapazada e das persoas maiores para manter a cultura en marcha, para non permitir un parón. Se o país soñara os seus soños, cando isto remate teríaselles en conta e dende as institucións e dende cada casa que o poida permitir estaríaselles mercando para que poidan continuar con azos.
Esas, as que traballan polo común e polo propio como identidade estamos a velas, xa se foron citando: Xerais, Baía, Urco
Xerais, que acaba de abrir tamén os primeiros capítulos da última novela de Manuel Portas, Cadencias ou poñendo aos seus autores/as a lelos,  Baía que pon a disposición a Aula Virtual cos recursos educativos, Urco da que queremos lembrar a exposición itinerante A historia da literatura fantástica que se oferta a bibliotecas e centros de ensino, iniciativas -todas elas- que falan da preocupación pola nosa xente.
Grazas, pois.
Igual que llas damos a Oqueleo na casa coas actividades, dirixidas aos pequenos e pequenas da familia, para descarga.
A Galaxia, por un concurso no que anima á rapazada a debuxar a lectura na casa, por animar aos seus autores/as a ler fragmentos das súas obras e por lembrar que Sonárbore ten unha canle de You Tube.
A Bolanda por lembrarnos que aí está a zona interactiva de Os Bolechas.
Pero especialmente a unha editora que xa está en mans doutro país e aínda así a súa xente se pon xenerosa, Edicións Xerais de Galicia, e a outra de aquí, Baía, que saca os seus libros ás pantallas para que os poidan ler todos/as.

luns, 13 de abril de 2020

Grandes contedores de enlaces a recursos en aberto

Na páxina de GALIX atopamos un Padlet: GALIX. Recursos con moita LIX para ficar na casa.
Galix tamén recolle o seu Concurso "Un poema na túa voz" polo Día do Libros Infantil e algún outro que aparece polas redes, coma un xogo titulado "Que animal é?" onde aproveitando as pistas imos acertando e o de Galaxia de duebuxar baixo o título "Leo na casa". Tamén podemos acceder aqui ao Xabarín, a súa canle, as cancións, os karaokes, Aventura no Monte das Artes (Gaiás) e directamente aos contos Quero saír! e Euquedonacasa, o audio do conto de Mª Victoria Moreno Xa non teño medo...
Salón do Libro de Pontevedra. Salón Virtual para tempo de pausa, con xogos, contadas, experimentos, obradoiros, música, cociña, manualidades e un cento de posibilidades.
Kalandraka tv con  contos contados, contos lidos, contos cantados e mil cousas máis.
As Salas Infantís das Bibliotecas Municipais da Coruña achgan tamén moitos recurso desde gastronómicos, xogos de man pou xogos para aprender xogando, recomendacións psicolóxicas e Libros sen páxinas para comezar coa tradición oral.


O peixiño de prata, un conto de Antonio M. Fraga.
Programa de radio de Xurxo Souto. Escrita. Contos infantísPara as familias tamén teremos en conta 
as revistas  Tempos Novos e Luzes  
O Parnaso sobre rodas de Christopher Morley en Rinoceronte editora

Se entramos nas páxinas de autores como Héctor Cajaraville, en Anotacións atoparemos pequenas
obras e o  pequeñas obras e o poemario Cordura transitoria.

Boas contadas en Día da narración oral e Super Seria, de Lucía Aldao e María Lado




Se o pensamos, un ano 2020 vinte vinte,no o que o Salón do Libro está dedicado ao humor con Italia de país convidado e as Letras homenaxeando a Carcalho Calero... non podía resultar doutra maneira, non? Pero ben está o que ben acaba.