Historias da fraga revirada de
Xosé Tomás, publicado por Galaxia, recolle nun libro de tapa dura unha serie de historias de animais da fraga nas que o autor xogo co texto, as ilustracións, a tipografía coma un todo. Recolle relatos coma o do Lobo feroz, Tor, o macho alfa que persegue ao cervo coa súa manda e como fronte a el aparece un pequeno lobo vexetariano, Lu, que conta con amigos que lle axudan a conseguir froitos e canndo crea unha familia, atópase con que un dos seus lobetos lle confesa que non lle gustan as plantas senón o peixe... porque de todo ten que haber e nada é mellor. Despois de cada conto unha serie de xogos baixo títulos como "Sabías que...?", unir con flechas os animais carnívoros e os herbívoros, recoñecer os sons de cada animalpasatempos. Outros contos son o da curuxa que quería vivir de día, o dunha familia de animais de diferentes especie, o da barbantesa que non querer ser cruel ou o da estraña criatura que aparece no bosque. A cada un corresponderalle un tipo especial de pasatempo para realizar no propio libro... tal vez isa sexa a parte menos ecolóxica, porque as historias levan aparellados valores moi respectables de respecto á diferenza, daorixinalidade e os eguimebto dos propios desexos, o dereito a evitar a maldade ou a críticas dos circos e outros equipamentos que afastan aos animais do seu ecosistema.
Adiviña esta adiviña de Antón Cortizas, con solucionario, publicado por Galaxia, con ilustracións de Pepa Prieto Puy. Así as presenta: "As adiviñas son textos literarios moi curtos, xeralmente poéticos e con rima, que usan as metáforas, as ambigüidades, os xogos de palabras, o calembures, a ironía e outros recursos literarios para facelos xeitosos e intrigantes. Mais tamén hai propostas de resolución dalgunha cuestión curiosa ou peculiar, que se presentan como unha simple pregunta en prosa. A estas últimas chamámoslles "enigmas". O solucionario é unha verdadeira explicación que pode axudar a construír novas adiviñas. Por outra banda, unha maneria especial de ilustrar que non achega demasiada riqueza.
Pois ben, dous libros para ler, mirar e, traballar, nun caso adiviñando e no outro realizando actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario