As mil vidas de Dorotea Bárcena. As mil vidas da actriz, dramaturga e poeta contadas por Lorena Conde, ilustradas por María Brenn e publicadas por Cuarto de inverno.
Da presentación editorial:
"Nenas e nenos! Señoras e señores!
Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos.
Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”.
Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e,
ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena, a mestra, actriz, dramaturga e muller brava,
que traballou moito e moi duro por facer o que máis quería: teatro.
Pasen e lean!"
A vida dunha muller que ata hai pouco andivo entre nós e non ven mal reivindicar. Unha fermosa historia coa que ver as posibilidades do teatro e a biografía, envolta en lírica e creatividade. As ilustracións recrean ese mundo case onírico (porque por algo se apagan as luces no teatro).
Como se pode contar a vida dunha muler de teatro se non é a través dunha peza?
Ningún comentario:
Publicar un comentario