As láminas van cambiando de cor; o que contan fano en verso rimado, en pareados que van cambiando, repetindo en cadaunha delas "fagas o que fagas, non espertes o panda" porque cando sucede todo o mundo animal monta un tremendo balbordo, sexan insectos ou hipopótamos. Mirar e ler metres se nos adapta o ollo a cada grupo de animais e a cor que se lle dá.
Era unha vez un corno de unicornio de Beatrice Blue traducido por Xavier M. Blanco e publicado por Triqueta Verde. Ou de como lle naceron os cornos aos unicornios cando eran un cabaliños xoguetóns que andaban aprendendo a voar e a nena que vivía no bosque encantado quixo axudar a un deles mediante a alegría porque non hai nada como a risa para levitar e nada que lle guste máis á nena que os xeados.
Todas as cores do amor de Alba Castellvi Miquel con ilustracións de Cuchu publicado en Galaxia. Ou de cando nace un novo irmán e a nena sente celos porque a vai substituíndo... como resolver esa situación? sempre aparece algunha maga que colabora, ou non? Unha coaching que traballa eb mediación de problemas está detrás do texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario