De festa en festa. Un percorrido por algunhas celebracións da península de Ramón D. Veiga, ilustrado por Sr. Reny e publicado por Edicións do Cumio. Vanse presentando as festas seguindo as estacións, en inverno (Noitevella, Vinajera, Carnaval, Fallas), primavera (cerdeira en flor, moros e cristiáns, feira de abril, os maios), verán (a noite das fogueiras, festa dos tabuleiros, descenso nacional do Sella, o cipotegato) e outono (a vendima, festa da rosa do azafrán, magosto e samaín).
Ilustracións enormes e letra pequena para explicalas, localizala, datalas
e recoller a declaración, explicar a tradición e engadir unha historia,
nota de prensa ou poema relacionado coa festa.
Quen é quen? de Vera Galindo, Bululú. O mércores ás 12 é o día das máscaras na escola, desta maneira cada un pode ser o que queira. Como sempre pasa, na escola aprovéitase para ampliar coñecementos, para expandirse, polo tanto falarán das máscaras dende a antigüidade e nos diferentes lugares do mundo (Exipto, grecia para o teatro, Xapón, culturas indixenas (chamáns), Idade Media... Nesa hora, xogan, bailan, divírtense e sémtense coma os seus personaxes. Ás 13 horas todo volve á normalidade, agora, seguirán sendo o que queiran ser (científicos, músicas, pintores...) mesmo sen máscaras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario