O XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021 foi para Berta Dávila por Un elefante na sala de estar.
Un suicidio. As voces da familia e amigos dan achegando a súa visión sobre Rosa. "Diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito". A problemática do suicidio "que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza" colócase sobre a mesa para diseccionala ou como nun calidoscopio o retrato da muller para que sexamos conscientes de que nunca coñecemos de todo, nunca temos todos os datos e poucas veces coinciden.
A imaxe da cuberta con ese calidoscopio no que as imaxes se multiplican, esa parábola hindú na que catro sabios cegos queren saber como é verdadeiramente un elefante ao que o rei lles contesta "o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefantes é a suma de todo iso (unha corda se tocas a cola, un tambor se tocas o bandullo, un abano se tocas unha orella, o tronco dunha árbore se tocas unha pata) e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro cousas máis sería."
Porque un elefante na sala de estar é tamén iso que está á vista de todos pero ninguén nomea...
Aproveitemos para darlle voltas a algunhas frases..."É coma se as nais gardasen unha parte de nós e coma se quedar orfa fose unha amputación", "Cadaquén ten unha febra de distinta cor, que se vai combinando para facer un debuxo deste tempo."
Ningún comentario:
Publicar un comentario