Ti, tamén podes está escrito por Anna Llaurado e ilustrado por María Girón, traducido por Alba Losada, adaptado a lectura fácil e publicado por ING edicións.
"Todo comeza cunha historia que fala dun bosque en chamas e dun paporroibo que, pinga a pinga, tenta apagar, só, o lume. Cando Mía e os seus compañeiros escoitan esta historia, decátanse de que eles tamén poden ser paporroibos e aportar o seu gran para mellorar o mundo." Unha antiga lenda guaraní dá pé para que a rapazada actual reflexione sobre o que ve e como pode cambiar o que non lle gusta, por pequeno que sexa cada un de nós e o grandes que sexan os problemas, sempre se pode facer algo, sempre se pode serun gran de area que xunto con outros constrúe unha praia ou unha gota de auga que xunto con otras pode apagar o lume. Cada un fai "o que pode": levar auga no peteiro, o oso empápase no río e sacúdese sobre o lume, cada un apaga o que pode... como as gotas que caen polo cristal e se unen facendo pequenos regatos, e acaban mollándoo todo, como un mapa líquido. Ante o problema, unha chuuvia de ideas, cada un pensará "que podo facer eu"; entre todos suman.
"Non te podes parar ante as dificultades", esa é a aprendizaxe! Hai que
crear ríos de solidariedade partindo do que poda facer cada un de nós.
Así se presenta:"Ti tamén podes, un conto para mestras que desexan despertar nos seus alumnos o espírito crítico e a proactividade, dende a alegría e a esperanza.
Un conto que nos amosa que é posible un mundo mellor e que nos anima a pasar á acción para conseguilo. Sabes todo o que se agocha detrás deste conto? A historia de Ti tamén podes darache
- Un conto cheo de significado e inspiración que che axudará a establecer un diálogo significativo cos teus alumnos.
- Unha proposta para traballar o espírito crítico e a proactividade dos teus alumnos, dende a esperanza e a ilusión.
- Unha proposta pedagóxica multinivel REAL para a túa aula de primaria.
- Un proxecto transversal que parte das inquietudes dos alumnos.
- O impulso que necesitan os teus alumnos para pasar á acción e que fortalecerá a súa autoestima.
- Unha metodoloxía que xa foi posta en práctica por numerosos centros educativos, con excelentes resultados.
- A ferramenta ideal para crear un espazo no que nenos e mozos poidan expresar as súas ideas e sentirse escoitados.
- Unha oportunidade única de fortalecer o vínculo co teu alumnado" Esta é a ficha do conto, situado na escola e pegado á didáctica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario