"Cinza é a adaptación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de
Xavier Alcalá,con máis de 80000 exemplares vendidos. Conta a vida de
Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista, orfo de nai, fillo
de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na
cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda
para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os
anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo
que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón
umbilical coa súa familia.
Cinza e unha obra univesal e
intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o
sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime
totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle
como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que
ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso
acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espiríto Nacional
Católico empeñado en agochar o galeguismo."
Así o conta a libraría Kómic: "Alá polo ano 2017 Cráneo recibiu unha chamada de Alcalá para converter o seu relato A nosa cinza nunha novela gráfica.
Manel aceptou o reto sen ter que meditalo moito e é agora, nada máis e nada menos que seis anos despois, cando podemos gozar do magnífico resultado. Alcalá, nado en Cidade Real no ano 1947, viviu desde neno en Ferrol e sitúa a novela e ao seu protagonista, Xoán, nos mesmos lugares e no mesmo tempo que a el lle tocou vivir.
É, polo tanto, un relato de experiencias persoais e cotiás que empezou a escribir con só vinte e cinco anos, tendo aínda frescos os recordos de infancia e mocidade, e que foi publicado en 1980.
Foi unha novela de lectura obrigatoria nos institutos galegos durante xeracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario